miniatura|250px|Compoñentes de La Barraca.
La Barraca foi un grupo universitario de teatro dirixido por Federico García Lorca. Fundado ó pouco de instaurarse a Segunda República Española, tiña como obxectivo levar o teatro ás zonas con pouca actividade cultural na península, o que se facía nas vacacións universitarias. A actividade da compañía estendeuse ata a Guerra civil española, con oito programas que foi combinando de diverso xeito nas súas xiras por España. Con testemuñas exitosas en todos os ambientes, é hoxe considerado como un dos proxectos culturais máis interesantes da escena teatral española.
Traxectoria O escritor granadino buscaba unha rexeneración do teatro a partir dun elenco afeccionado, lonxe do sistema de produción teatral que se vivía naquel momento en España. En 1931, Federico García Lorca andaba na procura de actrices e actores para organizar unha compañía de teatro universitario. Asistiu á representación de Estragos de amor y celos de Juan Valera, montada polo alumnado do Instituto-Escuela. Gustoulle a actuación de María del Carmen García Lasgoity, que interpretaba o papel protagonista. Tras coñecela, axiña a escolleu para integrar La Barraca. A compañía, co apoio do ministro Fernando de los Ríos Urruti, tiña a misión de achegar o teatro ás vilas e cidades de España con criterios pedagóxicos e anovadores.Rodrigo (2003), p. 342
miniatura|200px|Lorca cun cartel de La Barraca.
A primeira semana de xuño de 1932, o grupo comezou os ensaios no Auditorio da Residencia de Estudiantes e na Residencia de Señoritas. O 10 de xullo, o alumnado-elenco, os Barracos, con dous camións Chevrolet, vestidos con fundas azuis e insignias que representaban unha carauta sobre unha roda de carro, deseño do pintor Benjamín Palencia, montaron o escenario e os decorados na praza maior de El Burgo de Osma. A peza coa que debutaron foi o entremés de Miguel de Cervantes, La cueva de Salamanca.
Ao proxecto sumáronse moitos artistas, entre eles, a irmá de Federico, Isabel, Julia García Lasgoity, o pintor José Caballero e os irmáns Jacinto e Modesto Higueras. Segundo a filosofía do grupo, todas as tarefas debían ser voluntarias, gratuítas e compartidas. As exitosas xiras de La Barraca incluían teatro clásico, monicreques, farsas, autos sacramentais e lecturas de poemas. Porén, en 1933, cando a CEDA acadou o poder, a compañía non sempre foi ben recibida. A prensa reaccionaria acusábaa de inmoral e xudeomarxista. Nalgunhas aldeas, os membros da compañía foron apupados e perderon as subvencións públicas.
Desde a súa creación até o comezo da Guerra civil española, La Barraca representou un total de 13 obras en 74 localidades de España e o norte de África. Foron salientábeis as estadías na Universidad Internacional de Verano de Santander. Alí coincidiron con membros da Xeración do 27, entre eles, Jorge Guillén, Pedro Salinas, Dámaso Alonso, Vicente Aleixandre e Rafael Alberti. En 1934, trala tráxica Revolución de Asturias, Lorca, moi afectado, declinou seguir á fronte de La Barraca e delegou en Eduardo Ugarte.
Na primavera de 1936 La Barraca realizou a que sería a súa derradeira función no Ateneo de Madrid, por petición expresa de Juana Capdevielle -bibliotecaria desta institución- ao grupo de teatro ambulante, que representou El caballero de Olmedo de Lope de Vega.
A Guerra Civil e o fusilamento de Federico García Lorca supuxeron o fin de La Barraca.
Repertorio miniatura|250px|Escena de La vida es sueño representada por La Barraca. Entremeses ("El país de Jauja") de Lope de Rueda e a Égloga de Plácida y Victoriano, de Juan del Enzina. El retablo de las Maravillas e entremeses como La guarda cuidadosa e La cueva de Salamanca, de Miguel de Cervantes. La vida es sueño e El gran teatro del mundo, autos de Pedro Calderón de la Barca. Fuenteovejuna, La dama boba e El caballero de Olmedo, de Lope de Vega. El Burlador de Sevilla, Tirso de Molina.
Ademais da Fiesta del Romance (con páxinas de Antonio Machado e Lope), e unha soa obra moderna: Historia del soldado de Ramuz, con música de Igor Stravinskii.
Ruta Lenda Entremeses (Cervantes) La vida es sueño (Calderón de la Barca) El retablo de las maravillas (Cervantes) Fuenteovejuna (Lope de Vega) Romancero (diversos romances adaptados) Égloga de Plácida y Victoriano (Juan de la Encina) El burlador de Sevilla (Tirso de Molina) El caballero de Olmedo (Lope de Vega) 1932 1933 1934 1935 1936 Burgo de Osma 2. xullo San Leonardo 2. xullo Igrexa de San Juan de Duero 2. xullo Ágreda 2. xullo Vinuesa 2. xullo Almazán 2. xullo Madrid 2. xullo; 1,2. outubro A Coruña 1. agosto Santiago de Compostela 1. agosto Pontevedra 1. agosto Vilagarcía de Arousa 1. agosto Vigo 1. agosto Baiona 1. agosto Ribadeo 1. agosto Cangas de Onís 1. agosto Grado 1. agosto Avilés 1. agosto Oviedo 1. agosto Granada 1,2. outono Valdemoro 1,2. outono Alacant 2. Nadal Elx 2. Nadal Murcia 2. Nadal Toledo 1,2 marzo Valladolid 3. Semana Santa; Primavera;4. Agosto. Zamora 3. Semana Santa; Primavera Salamanca 3. Semana Santa; Primavera 3,4. Nadal Madrid 3. Primavera 4; 8+. agosto;3,4. Nadal Arévalo 3. Primavera León 3. Primavera;4,1,4. agosto Valencia 4,1. xullo Utiel 4,1. xullo Xátiva 4,1. xullo Almansa 4,1. xullo Albacete 4,1. xullo Alcaraz 4,1. xullo Infantes 4,1. xullo Valdepeñas 4,1. xullo Madridejos 4,1. xullo Tembleque 4,1. xullo Mieres 4,1,5. agosto Santander 4,1,5. agosto 6,7. agosto 8+. agosto Burgos 4,1,5. agosto Logroño 4,1,5. agosto Ayerbe 4,1,5. agosto Tudela 4,1,5. agosto Canfranc 4,1,5. agosto Pamplona 4,1,5. agosto Estella 4,1,5. agosto Sevilla 1,4. marzo-abril Ceuta 1,4. marzo-abril Tetuán 1,4. marzo-abril Tánger 1,4. marzo-abril Ampuero 6,7. agosto Villarcayo 6,7. agosto Frómista 6,7. agosto Villadiego 6,7. agosto Palencia 6,7. agosto Peñafiel 6,7. agosto Cuéllar 6,7. agosto Sepúlveda 6,7. agosto Riaza 6,7. agosto Segovia 6,7. agosto Medina de Pomar 8+. agosto Espinosa de los Monteros 8+. Agosto Béjar 3,4. Nadal Cidade Real 3,4. Nadal Sabadell 1,8. abril Barcelona 1,8. abril Terrassa 1,8. abril
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
García Ruiz, Víctor (1999.) Continuidad y ruptura en el teatro español de posguerra ISBN 84-313-1717-5.
Ligazóns externas Menéndez Pidal, Gonzalo: La Barraca YouTube
Barraca