Marco Xulio Filipo (en latín, Marcus Iulius Philipus) nado en Shahba, Siria, a uns 90 quilómetros ao sueste do actual Damasco, en Trachonitide, no 204. Pasou á historia co nome de Filipo I, ou Filipo o Árabe. Gobernou o Imperio Romano entre os anos 244 a 249.

Traxectoria

Filipo como soldado No ano 230 casou con Marcia Otacilia Severa e tivo un fillo ao que lle deron o nome de Marcus Iulius Severus Filipus. Durante a campaña en Oriente contra os persas do emperador Gordiano III, distinguiuse en parte axudado polo seu irmán Xulio Prisco. Á morte de Temiseteo, e apoiado polo exército, foi nomeado prefecto do pretorio polo emperador. Dende aquel intre tentou poñer en dúbida a capaciade do emperador para as operacións militares que se estaban a realizar, e as tropas terminaron por asasinar a Gordiano III e nomear emperador a Marco Xulio Filipo.

Filipo como emperador miniatura|esquerda|200px|Busto de Filipo o Árabe. no anverso dunha moeda do seu tempo (antoniniano) Enviou cartas ó Senado, comunicándolles a morte do emperador, e o seu nomeamento por parte das lexións. O Senado despois dalgunhas dúbidas, nomeouno emperador, a súa muller Marcia augusta e ao seu fillo césar. Tralo pago dun tributo, e da renuncia a Armenia e Mesopotamia, o rei de Persia Shapur I, conseguiu a paz en Oriente. Nomeou o seu irmán Xulio Prisco reitor do Oriente e deulle o nome de Philipopolis á súa cidade natal e volveu a Roma.

No 245, os carpos fixeron incursións no Danubio e Filipo levou a campaña persoalmente e conseguiu vencelos no 247. Trala vitoria, nomeou o seu fillo augustus e o seu sucesor.

Como construtor, Filipo embeleceu Roma con grandes edificios, creou o lacus do Trastevere e reparou numerosas calzadas en diversas provincias do Imperio.

Con el ´celebrouse o primeiro milenio da fundación da cidade de Roma, con grandes xogos, entre os que destacaron os do Centenario, ou Ludi Saeculares, que resultaron particularmente fastuosos pola gran cantidade de animais e gladiadores que tomaron parte neles.

Pouco despois comezaron a xurdir pretendentes ó trono en diversas provincias do Imperio. No 248, as lexións de Oriente nomearon emperador a Pupieno, pero rapidamente foron sometidos. No Danubio, as lexión de Panonia e Moesia nomearon a Claudio Marino Pacatiano.

Morte de Filipo Filipo envíou ó Danubio a Quinto Traxano Decio, xeneral de orixe panonia e senador, en contra de Pacatiano. Pero as tropas deste, ó saber da súa chegada, mataron a Pacatiano e nomearon a Decio. Este aceptou e levou as tropas cara a Italia. Filipo saíu coas súas tropas ó encontro e, en Verona, tivo lugar a loita entre as dúas forzas, na que Filipo o Árabe morreu e o seu fillo foi capturado e asasinado. A seguir, Decio foi proclamado emperador polo Senado.

Categoría:Imperio Romano Categoría:Emperadores romanos Categoría:Nados en 204 Categoría:Finados en 249 Categoría:Prefectos do pretorio