Blue Sunshine é o único álbum de estudio do supergrupo británico de post-punk The Glove, publicado o 23 de agosto de 1983 a través dos selos Wonderland Records e Polydor. Este disco serviu principalmente como unha distracción para Robert Smith e Steven Severin cando os dous estaban baixo un forte estrés nas súas respectivas bandas, The Cure e Siouxsie and the Banshees. Como a Smith a súa discográfica non lle permitía cantar noutra banda, el e Severin recrutaron á bailarina de Zoo Jeanette Landray (unha antiga moza do batería dos Banshees Budgie) para cantar na meirande parte das cancións do lanzamento orixinal; Smith só cantou en "Mr. Alphabet Says" e "Perfect Murder". Outros músicos involucrados no proxecto foron Andy Anderson (que posteriormente se uniu a The Cure), Martin McCarrick (que despois tocou cos Banshees), Ginny Hewes e Anne Stephenson.

Severin escribiu as letras de todos os temas agás "Like an Animal", "Sex-Eye-Make-Up", "Perfect Murder", escritas por Smith, e "Punish Me with Kisses", na cal colaboraron os dous.

Publicáronse dous sinxelos do álbum, "Like an Animal" e "Punish Me with Kisses".

En 2006 o álbum foi remasterizado dixitalmente e reeditado por Rhino Records, contando cun disco extra con Smith cantando en demos de estudio de todas os temas en vez de Landray.

En 2013 o disco foi reeditado polo Record Store Day por Polydor (en Europa) e Rhino (nos Estados Unidos) como unha edición de 3 500 copias numeradas en vinilo azul veado.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de The Glove Categoría:Álbums musicais de 1983 Categoría:Álbums de Polydor Records Categoría:Álbums de Rhino Records