Manuel Puente Iglesias, nado na Estrada cara a 1908 e finado en Poio o 2 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de José Puente Pena e Avelina Iglesias Soto. Veciño de Pontevedra. Funcionario do Goberno civil de Pontevedra, foi axente executivo de cédulas do distrito de Pontevedra en 1933,El País, 31-3-1933, p. 2. dos concellos de Barro e Portas en 1935,El Pueblo Gallego, 24-4-1935, p. 11. e novamente do distrito de Pontevedra en 1936.El Pueblo Gallego, 6-6-1936, p. 15. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomedao delegado do Gobernador Civil de Pontevedra no Grove. Foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 17 de novembro con Jacobo Barral Otero, Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, José Prol Figueiro e Miguel Mandiás Merino,Diario de Pontevedra, 18-11-1936, p. 2. foi condenado á pena de morte. Foi executado o 2 de decembro de 1936 no km 1 da estrada a Campañó con Eduardo Muíños Búa, Joaquín Fernández Barcia, Manuel Dios Costado, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Cespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro e José Crespo Torres.El Pueblo Gallego, 3-11-1936, p. 8.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados na Estrada Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1908 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos