miniatura|dereita|Denys Arcand, director de Les Invasions barbares (2003), o primeiro filme canadense en acadar o premio. O Canadá presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1971. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2023, sete filmes canadenses foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, e un deles foi o gañador do premio. Destes filmes, tres foron dirixidos por Denys Arcand: Jésus de Montréal, nomeado na 62ª edición dos premios; Le Déclin de l'empire américain, nomeado na 59ª edición; e a súa secuela Les Invasions barbares, que foi o gañador da 76ª edición. Days of Darkness de Arcand entrou na lista mais finalmente non foi nomeado. Os outros catro directores canadenses cuxos filmes foron nomeados son Deepa Mehta por Water na 79ª edición, Denis Villeneuve por Incendies na 83ª edición, Philippe Falardeau por Profesor Lazhar na 84ª edición, e Kim Nguyen por Rebelle na 85ª edición dos premios.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Canadá para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega. Agás dúas excepcións (Atanarjuat de 2001 en inuktitut e Water de 2005 en hindi), tódalas propostas foron filmes quebequeses. Tódolos filmes quebequeses están en lingua francesa, agás Une balle dans la tête que está falada completamente nunha lingua inventada. Outras das propostas teñen partes substanciais do seu diálogo noutras linguas como o inuktitut (Ce qu'il faut pour vivre), lingala (Rebelle), yiddish (Félix et Meira), e mohawk e algonquino (Hochelaga, Terre des âmes).
Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1971(44ª) Mon oncle Antoine 1972(45ª) La Vraie Nature de Bernadette 1975(48ª) Les Ordres 1977(50ª) J.A. Martin photographe 1979(52ª) Mourir à tue-tête 1980(53ª) Les Bons débarras 1981(54ª) Les Plouffe 1982(55ª) Les Fleurs savages 1983(56ª) Bonheur d'occasion 1984(57ª) Sonatine 1985(58ª) Jacques et novembre 1986(59ª) Le Déclin de l'empire américain 1987(60ª) Un Zoo la Nuit 1988(61ª) Les Portes tournantes 1989(62ª) Jésus de Montréal 1990(63ª) Une histoire inventée 1991(64ª) Une balle dans la tête 1992(65ª) Léolo 1993(66ª) Le Sexe des étoiles 1994(67ª) Mon amie Max 1995(68ª) Le Confessionnal 1996(69ª) Sous-sol 1997(70ª) Cosmos , ,, ,, 1998(71ª) Un 32 août sur terre 1999(72ª) Emporte-moi 2000(73ª) Maelström 2001(74ª) Atanarjuat 2002(75ª) Un crabe dans la tête 2003(76ª) Les Invasions barbares 2004(77ª) La Face cachée de la Lune 2005(78ª) C.R.A.Z.Y. 2006(79ª) Water 2007(80ª) L'Âge des ténèbres 2008(81ª) Ce qu'il faut pour vivre 2009(82ª) J'ai tué ma mère 2010(83ª) Incendies 2011(84ª) Profesor Lazhar 2012(85ª) Rebelle 2013(86ª) Gabrielle 2014(87ª) Mommy 2015(88ª) Félix et Meira 2016(89ª) Juste la fin du monde 2017(90ª) Hochelaga, Terre des âmes 2018(91ª) Chien de garde 2019(92ª) Antigone 2020(93ª) 14 jours, 12 nuitsEn decembro de 2020, a proposta do Canadá, Funny Boy, de Deepa Mehta, foi descualificada por ter máis da metade dos diálogos en inglés: . O comité de selección do Canadá escolleu un novo filme, 14 jours, 12 nuits: 2021(94ª) Les Oiseaux ivres 2022(95ª) ChángchūnJackson Weaver, "Eternal Spring named Canada's submission for Oscars' best international film". CBC News, 24 de agosto de 2022. Jason Loftus 2023(96ª) RojekJoseph Pugh, "Documentary about jailed ISIS fighters is Canada's international entry for 2024 Oscars". CBC News, 24 de agosto de 2023. 2024(97ª) Une langue universelleJamie Casemore, "Rankin’s Universal Language is Canada’s pick for 97th Oscars". Playback, 27 de agosto de 2024.
Notas
Categoría:Cinema do Canadá Canadá