miniatura|260px|Chlamys varia, unha zamburiña A dos pectinoideos (Pectinoidea) é unha superfamilia de moluscos bivalvos mariños da orde dos ostreidos e a suborde dos pectininos.Pectinoidea Rafinesque, 1815 no WoRMS. Consultado o 28 de xaneiro de 2020.

A superfamilia inclúe as vieiras e as chamadas na bibliografía internacional ostras espiñentas.

Taxonomía Descrición A superfamilia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz, na súa obra Analyse de la Nature ou tableau de l'univers et des corps organisés, editada en Palermo.

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a superfamilia coñeceuse tamén polo sinónimo: Pectinacea.O sufixo -oidea é obrigatorio para os nomes de superfamilias, segundo a norma 29.2 da ICZN.

Familias Na actualidade (2020) recoñécense na superfamilia as tres familias seguintes: Pectínidos (Pectinidae) Rafinesque, 1815 Propeausíidos (Propeamussiidae) Abbott, 1954 Espondílidos (Spondylidae) Gray, 1826

Características Todos os membros desta superfamilia teñen un resilium, a parte interna do ligamento da charneira da cuncha dos bivalvos, que se asemella en consistencia e a miúdo se describe como unha cartilaxe, e que non está mineralizado (de feito é quitinoso).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Raines, B. K. & Poppe, G. T. (2006): "The Family Pectinidae". En: Poppe, G. T. & Groh, K.: A Conchological Iconography. , Hackenheim: ConchBooks. ISBN 3-9259-1978-3. Bieler R., Carter J. G. & Coan E. V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184, pp. 113–133,. Dijkstra H. H. & Maestrati P. (2012): "Pectinoidea (Mollusca, Bivalvia, Propeamussiidae, Cyclochlamydidae n. fam., Entoliidae and Pectinidae) from the Vanuatu Archipelago". Zoosystema 34 (2): 389-408.

Outros artigos Bivalvos Ostreidos Pectininos (suborde) Lista de bivalvos de Galicia

Categoría:Bivalvos