DUVE, acrónimo de Diffuse Ultraviolet Experiment, foi un experimento da NASA lanzado o 24 de xullo de 1992 mediante un foguete Delta 6925 desde Cabo Cañaveral para estudar o fondo cósmico ultravioleta.

Características DUVE foi posto en órbita como carga secundaria no mesmo lanzamento que enviou o satélite Geotail ao espazo. DUVE en si permaceu unido á segunda etapa do foguete tras entrar en órbita. O obxectivo era estudar o fondo difuso ultravioleta do espazo interestelar mediante espectroscopía para avanzar na comprensión da dinámica e evolución do medio interestelar e da Vía Láctea. DUVE acendeuse despois da separación de Geotail para non interferir coa misión primaria e non podía recibir instrucións desde terra. Funcionou durante 4 horas, o tempo que duraron as baterías que o alimentaban. O experimento usaba varios detectores de imaxe para facer as medicións. Ao final da misión recolectáronse 19 imaxes totais a partir de 4151 segundos de tempo de observación.

DUVE reentrou na atmosfera, destruíndose, o 16 de marzo de 1993.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Delta 6925

Categoría:Satélites artificiais