Verto foi un grupo independente de música pop, disco e trap galego que comezou en 2019. Estaba composto por Alberto Mira "Berto" e Fernando Peleteiro "Fer". Son considerados un dos grupos pioneiros da música pop en galego, tendo millóns de escoitas na plataforma Spotify.

A partir de 2021 Alberto Mira continuou en solitario co seu proxecto "Berto", e produciu discos como “Acrópole” de Fillas de Cassandra ou “Ardén” de Mondra, consolidándose coma un dos produtores referencia da Galiza.

Traxectoria Debutaron en novembro de 2019 cos seus primeiros traballos "Amolecer" e "Rebolando x Ti", xa coa estética pop que caracteriza actualmente ao grupo.

Máis tarde, en decembro de 2019, saíu o "Pack do nadal", EP conceptual co que simbolizaron os estados emocionais polos que pasa unha ruptura. Un dos temas, "Algo que non sexa", segue a ser na actualidade un tema insignia do seu proxecto.

O 17 de xaneiro de 2020, o grupo participou no Luar da TVG co seu tema "Oie Gayego", unha canción trap retranqueira que lles deu gran popularidade.

O 14 de marzo de 2020 lanzaron o seu primeiro EP Puro Ocio, composto por sete temas de estética urbana, que acumula máis dun millón de escoitas en Spotify.

O 9 de abril de 2021 sacaron a luz o seu primeiro LP Embora, composto por catorce temas pop con ritmos disco e techno que acumulan máis de tres millón de escoitas en Spotify.

Discografía

Álbums Puro ocio (2020) Embora (2021) Sinxelos "Amolecer" (2019) "Rebolando x ti" (2019) "Pack do nadal" (2019) "Oie Gayego" (2020) "Pegadiño a ti" (2020) "Ambiente" con Rhome (2020) "Comando Sabor" con LORA (2020) "Muinheira de Chantada" (2021)

Notas

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais formados en 2019 Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Categoría:Grupos musicais de hip hop alternativo