miniatura|Monetario de madeira para albergar unha colección de moedas. Basilea, ca. 1578

O coleccionismo de moedas, asociado adoito ao doutros obxectos cuñados ou relacionados co diñeiro (medallas, fichas monetiformes, billetes etc.) é unha das afeccións máis populares e un dos coleccionismos máis coñecidos. Algunhas persoas coleccionan pensando unicamente no investimento numismático, mais a razón principal para coleccionar moedas é a propia satisfacción persoal. Aínda que o coleccionismo de moedas non se debe confundir coa numismática, para a boa clasificación, organización e valorización dunha colección cómpre posuír un certo grao de coñecemento numismático."Numismatics: Coins and Coin Collecting". Rg.ancients.infoSayles, W. G. (2009).

Cada coleccionista ten as súas propias preferencias e especificidades, como poden ser as moedas en bos estados de conservación, as resultado de erros nas cecas, as que considere particularmente fermosas ou historicamente significativas etc.

Historia miniatura|Unha numismática observa unha colección de moedas O afán das persoas por acumularen moedas por mor do valor do metal en que están cuñadas é tan antigo como a propia existencia da moeda.Rowan, C. (2013). "Coinage as commodity and bullion in the western Mediterranean, ca. 550–100 BCE". En Mediterranean Historical Review. Vol. 28. Nº 2. "The earliest coin hoards known in the western Mediterranean contain coins of mainland Greece. The Sicilian Selinous hoard (ca. 510 BCE), [...]". No entanto, a colección das moedas baseada no seu valor artístico tivo un desenvolvemento máis tardío. As evidencias amosadas polos rexistros arqueolóxicos da Roma Antiga e da Mesopotamia medieval indican que as moedas xa eran obxecto de colección e de catalogación naqueles tempos, por parte tanto de eruditos como das propias institucións de goberno. Tamén semella probable que os cidadáns individuais recollesen moedas vellas, exóticas ou con algunha significación conmemorativa, como un xeito accesible e portátil de arte."Early Coin Collecting". En Sayles, W. G. (2009). Segundo o historiador romano Suetonio na súa obra De vita Caesarum ("As vidas césares"), escrita no século I d. de C., o emperador Augusto obsequiaba con moedas antigas e exóticas os seus amigos e os cortesáns durante os festivais e noutras ocasións especiais.Suetonio (2012). Historia y vida de los Césares . "El divino Julio César". LXXV. Páxina 101. Ed. Brontes. Barcelona. ISBN 978-84-15171-23-2

As primeiras mostras de apreciación e de coleccionismo de moeda contemporánea remóntanse ao século XIV. Durante o Renacemento mesmo chegou a se converter nunha moda entre as clases privilexiadas europeas, sinaladamente entre os reis e as raíñas. Ao erudito e poeta italiano Petrarca atribúeselle ser un dos personaxes pioneiros máis salientables desta época pola súa afección ao coleccionismo de moedas e, seguindo o seu exemplo, diversos, nobres, príncipes e mesmo reis comezaron as súas propias coleccións. Entre os coleccionistas máis notables están o papa Bonifacio VIII, o Emperador do Sacro Imperio Romano Maximiliano I, Lois XIV de Francia, Fernando I, Henrique IV de Francia e o Elector Xoaquín II de Brandeburgo, quen iniciou o prestixioso Gabinete Numismático de Berlín (Münzkabinett)"Coin Collectors Emperor Maximilian ". Monaco Rare Coins.Jeffreys, E. et al. (2008). The Oxford Handbook of Byzantine Studies. Oxford University Press. Páxina 158. ISBN 978-0-19-925246-6"Famous Numismatists (Coin Collectors)". www.24carat.co.ukKluge, B. (2004). Das Münzkabinett - Museum und Wissenschaftsinstitut. Münzkabinett - Staatliche Museen zu Berlin. Berlín. Páxina 11. ISBN 978-3886094943. Debido a que durante o Renacemento a procura de moedas antigas estaba unicamente ao alcance dos moi ricos e poderosos, o coleccionismo de moedas coñecíase nesa época como "a afección dos reis"."The Hobby Of Kings And The Rise Of Numismatic Scholarship". En Sayles, W. G. (2009)."Brief history of coin collecting". 2-clicks-coins.com

Durante séculos XVII e XVIII, o coleccionismo de moedas seguiu a estar asociado á riqueza e ao poder. Pero o pensamento racional propio da Ilustración conduciu a un enfoque máis sistemático da colección e do estudo das moedas. Nestes séculos xurdiu a numismática como disciplina académica e o seu coleccionismo comezou a estendeuse como unha actividade de lecer dunha burguesía ansiosa por demostrar riqueza e sofisticación.miniatura|Serie de moedas do Reino Unido de 1887 nun estoxo de presentación para coleccionistasFoi nos séculos XIX o XX cando o coleccionismo numismático acadou máis popularidade e espallamento.Acosta Nieto, I. (2008). "Coleccionismo numismático en España en el siglo XIX". En Galende Díaz J.; De Santiago Fernández, J. VI Jornadas Científicas Sobre Documentación Borbónica en España y América (1700-1868). Universidad Complutense de Madrid. Páxinas 9-42. Comezaron a constituírse as primeiras asociacións numismáticas, que agrupaban os afeccionados para defenderen os seus intereses, como é o caso, entre outras, da Real Sociedade de Numismática, de Londres (1836), a Sociedade Real de Numismática de Bélxica (1841), a Sociedade Numismática dos EEUU (1858) ou a Sociedade Francesa de Numismática (1865), entre outras.Sitios web de RNS, RSNB, ANS e SFN. O mercado de moedas expandiuse para abranguer non só as moedas antigas, senón tamén as propias doutros países e as consideradas exóticas. Comezaron a constituírse as primeiras asociacións de comerciantes e os organismos reguladores. A primeira convención internacional de coleccionismo de moeda tivo lugar en Detroit en agosto de 1962."Worldwide: Trivial coin facts". Fleur-de-coin.com: "The first international convention for coin collectors was held in August 15 - 18, 1962, in Detroit, Michigan, sponsored by the American Numismatic Association and the Canadian Numismatic Association. Attendance was estimated at 40,000"."Modern Collecting". En Sayles, W. G. (2009).

No século XXI, o coleccionismo pasou de merecer o sobrenome de "a afección dos reis", propia do Renacemento, ao de "a raíña das coleccións".

Motivacións miniatura|Moedas dispostas en cartonciños para a súa ordenación nun álbum

As motivacións para o coleccionismo de moedas poden ser moi diversas dunha persoa a outra, aínda que a máis común é a baseada no simple pracer da colección, que pode estar complementada polo seu estudo ou pola expectativa dalgún tipo de lucro."What is a coin collector?". 2-clicks-coins.com

Porén, outra das razóns importantes que levan as persoas a coleccionaren moedas e como vía de investimento. Do mesmo xeito que os selos, os metais preciosos e outros bens tanxibles, os prezos das moedas flutúan periodicamente en función da oferta e a demanda, ademais do seu propio valor intrínseco, destacadamente nas moedas de ouro ou de prata. En calquera caso, igual que ocorre con calquera outro obxecto de colección, unha colección de moedas non xera beneficio en tanto que esta non se venda, e mesmo pode levar consigo custos de mantemento, como seguros, alugamento de caixas de seguridade, material para o arquivamento etc. O límite entre o coleccionismo de moedas con ánimo de lucro e a simple especulación radica en que, no primeiro caso, o coleccionista comparte a súa ansia de beneficio económico con consideracións estéticas, históricas e doutro tipo, en tanto que o especulador é un simple acumulador de obxectos, sen maior apego a eles, á espera da súa revalorización."La inversión en numismática". En Prado Román, C. et al. (2007). Páxina 21-32."Collecting And Investing In Coins". Old And Sold. Antiques Auction & Marketplace."Coin Hoards". The Australian Coin Collecting Weblog.

Noutras ocasións, os promotores das coleccións non son individuos a título particular, senón institucións de diversos tipos e con finalidades que transcenden a satisfacción persoal dos seus xestores (xa non posuidores). Trátase comunmente de coleccións numismáticas de universidades, museos ou entidades asociativas, movidos por intereses como a conservación do patrimonio e a divulgación didáctica da riqueza monetaria dun territorio."Museum Collections of Ancient Coins". Forum Ancient Coins."Princeton Numismatic Collection database". Princeton University Library.

Criterios dunha colección Algúns afeccionados á numismática constrúen coleccións xeneralistas, conformadas por exemplares da amplísima variedade de moedas existentes, sen que a elección se suxeite a criterios xeográficos nin históricos, nin de ningún outro tipo. Se os recursos económicos son suficientes, isto pode levar a crear coleccións cun número extraordinario de exemplares inconexos. O caso máis salientable é o do rei Faruq de Exipto, que chegou a reunir unha colección vastísima de moedas de todo tipo, época e lugar.Lester, C.N. "Numismatic "Gumshoe:" On the Trail of King Farouk". Gold Rush Gallery, INC. Porén, a maioría dos coleccionistas acomodan as súas coleccións a uns criterios preestablecidos, o que fai que existan uns exemplares determinados de particular interese para eles. Estas son, a modo de exemplo, algunhas das orientacións máis habituais das coleccións numismáticas, que con moita frecuencia se dan combinadas entre elas:"Types of Coin Collectors. Coin Collecting Themes & Coin Collector Types". The Happy Coin.

miniatura|Colección de moedas de Vietnam

Por país ou área xeográfica: numerosos afeccionados centran as súas coleccións nun só país, con frecuencia o seu propio (por exemplo: moedas cuñadas en Galicia, moedas da Eurozona etc.). Tamén é frecuente que un coleccionista desexe obter un exemplar representativo de cada país."Coin Collecting Themes - One From Every Country". The Australian Coin Collecting Weblog."7 popular coin collectin themes". Bella Online. alt=|miniatura|Data de cuñaxe (1980) e de aprobación da emisión (1975) nunha moeda española de 5 pesetasPor ano: en ocasións, un coleccionista non se dá por satisfeito por posuír un exemplar de cada modelo ou tipo de moeda, senón que procura un exemplar de cada ano en que se emitise ese tipo. Este é un dos xeitos máis prácticos de coleccionar as moedas dun país, xa que é o criterio utilizado pola maioría dos catálogos de referencia e dos álbums comercializados para facilitar a ordenación das coleccións. Un caso singular no coleccionismo de moedas por data constitúeno as moedas españolas do sistema da peseta cuñadas entre 1868 e 1982, nas que a data que aparece expresa na moeda (comunmente baixo o busto do gobernante) non é a de cuñaxe senón a de autorización de emisión do modelo, en tanto que a data real de emisión aparece no interior dunhas estrelas de pequeno tamaño cuxa localización varía en función da moeda.Vico Belmonte, A.; De Francisco Olmos, J. M. (2016). Páxina 40. Por ceca: para moitos coleccionistas, a casa de moeda onde se cuñaron as moedas é un criterio suficientemente representativo para centrar a súa colección. Para iso, válense das marcas de ceca ou sinais habitualmente gravados nas moedas para indicaren a súa ceca de procedencia (por exemplo: moedas da Real Casa da Moeda de Xuvia, moedas da Royal Mint etc.)."Coin Collecting Themes". Coin ans Stamp Collecting. En combinación cos dous criterios de colección anteriores, este pode facer que se multiplique a cantidade de exemplares desexables para un coleccionista, particularmente en países como Alemaña, onde de cada valor e cada ano se cuñan cinco exemplares con cadansúa marca de ceca: A, B, F, G e J."Why Germany has Five State-Owned Mints". En Coins Weekly. 1 de febreiro de 2017.