Turquía presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1964, e de xeito regular dende 1989. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

En 1982, Suíza presentou O camiño, unha produción turca dos directores turcos Şerif Gören e Yılmaz Güney, que foi levada a Suíza na fase de posprodución por motivos políticos. O mesmo país presentou en 1990 Umuda yolculuk, filme sobre refuxiados turcos con director suízo. En 2015, Francia foi candidata ao Óscar co filme Mustang, dirixido pola turco-francesa Deniz Gamze Ergüven e ambientado en Turquía.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Turquía para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1964(37ª) Susuz yaz 1989(62ª) Uçurtmayı Vurmasınlar 1992(65ª) Piyano Piyano Bacaksız 1993(66ª) Mavi Sürgün 1994(67ª) Manisa Tarzanı 1997(70ª) Eşkıya 1999(72ª) Salkım Hanımın Taneleri 2000(73ª) Kaç Para Kaç 2001(74ª) Büyük Adam Küçük Aşk 2002(75ª) 9 2003(76ª) Uzak 2005(78ª) Gönül Yarası 2006(79ª) Dondurmam Gaymak 2007(80ª) Takva 2008(81ª) Üç Maymun 2009(82ª) Güneşi Gördüm 2010(83ª) Bal 2011(84ª) Bir zamanlar Anadolu'da 2012(85ª) Ateşin Düştüğü Yer 2013(86ª) Kelebeğin Rüyası 2014(87ª) Kış Uykusu 2015(88ª) Sivas 2016(89ª) Kalandar Soğuğu 2017(90ª) Ayla 2018(91ª) Ahlat Ağacı 2019(92ª) Baglilik Asli 2020(93ª) 7. Koğuştaki Mucize Mehmet Ada Öztekin 2021(94ª) Bağlılık Hasan 2022(95ª) Kerr 2023(96ª) Kuru Otlar Üstüne 2024(97ª) Hayat

Notas

Categoría:Cinema de Turquía Turquía