Ramón Fernández Fernández-Mosquera, coñecido como Ramón F. Fernández, nado en Caldas de Reis o 18 de abril de 1912 e finado na Coruña o 25 de decembro de 1977,La Voz de Galicia, 27-12-1977, p. 18. foi un maxistrado, xornalista e escritor galego.
Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1933. Dirixiu Scientia, órgano da Federación Gallega de Estudiantes Católicos en 1930 e a segunda época da revista Abrente entre 1933 e 1934 e foi correspondente e colaborador de varios xornais. Ingresou na maxistratura en 1944 e foi xuíz de primeira instancia de Padrón, maxistrado de Palencia, Palma e Santiago de Compostela e maxistrado da Audiencia Territorial de Cáceres e despois da da Coruña.A Peroxa Escribiu as novelas Roble al viento (1934), El hombre que escapó de un tapiz (1949), Tres personajes y al final el autor (1949) e Ifigenia se cayó en el agua; tamén é autor do ensaio Análisis de la mujer marginada e inadaptada (1976). Colaborou en ABC, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Nordés.
Obras Roble al viento, 1934. El hombre que escapó de un tapiz, 1949. Tres personajes y al final el autor, 1949.
En 2016 editouse a súa Obra literaria completa en dous volumes.
Vida persoal
Casou con Teresa Otero Soto e foi pai de Ramón, Juan, Miguel e Alejandrina Fernández Otero.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas , Lino (27/5/2013). "Ramón F. y Fernández-Mosquera" La Opinión Coruña.
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Caldas de Reis Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes