Alma Mahler-Werfel, nada o 31 de agosto de 1879 como Alma María Margaretha Schindler en Viena e finada o 11 de decembro de 1964 en Nova York, foi unha compositora austríaca.

Traxectoria Educouse na súa propia casa baixo a supervisión do seu pai, Emil Jakob Schindler, un pintor de paisaxes. Casou con Gustav Mahler en 1902. Das súas dúas fillas, só sobreviviu Anna Mahler, escultora. En 1910, persuadiu a Mahler para seleccionar e publicar cinco das súas cancións. Publicou outras coleccións de cancións en 1915 e 1924, ano no que publicou a súa edición de cartas e o manuscrito facsímile da súa incompleta décima sinfonía. Nese momento mantiña unha relación co pintor Oscar Kokoschka, e casou e divorciouse do arquitecto Walter Gropius. En 1929 casou co seu terceiro marido, o poeta e novelista Franz Werfel, con quen posteriormente fuxiu da Austria nazi a través de Francia, cara a América, chegando alí en 1940. En California Alma converteuse nunha anfitrioa da comunidade emigrada que incluía a Thomas Mann, Bruno Walter e Arnold Schoenberg. Mantivo un estilo de vida similar en Nova York despois da morte de Werfel en 1945 ata que morreu en 1964 e foi enterrada xunto á súa filla, Manon en Grinzing, preto de Viena.

A fama de Alma Mahler débese en primeiro lugar aos seus matrimonios e os seus affaires cos máis grandes artistas da súa época, o máis notable deles Gustav Mahler, de quen tomou o seu apelido. Como compositora, escribiu pouco e só se conservan dezaseis lieder.

Véxase tamén Bibliografía Sadie, Julie Anne e Samuel, Rhian (1995). The Norton/Grove Dictionary of Women Composers. W. W. Norton & Company.

Categoría:Músicos de Austria Categoría:Compositores Categoría:Nados en 1879 Categoría:Nados en Viena Categoría:Finados en 1964