miniatura|DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.|200px O Nomenclátor de Galicia é un corpus toponímico desenvolvido pola Xunta de Galicia que regula os topónimos oficiais dos lugares, parroquias e concellos de Galiza. A última modificación entrou en vigor o 11 de abril de 2026.
Características O nomenclátor está editado pola Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia e ten carácter legal canto á denominación das entidades de poboación. Pódese consultar a través de Internet. A súa páxina web ten un buscador en liña que permite utilizar expresións regulares na busca de secuencias gráficas, polo que permite, por exemplo, atopar tódolos topónimos rematados cunha secuencia determinada (en -iz, -obre, -ende ou -il) ou que comecen por unha cadea de texto concreto (por exemplo en Carball- ou en Vila-). miniatura|Cartel do Adro no concello de Vilalba.|200px Malia ser un elemento normalizador e normativizador da toponimia galega, deixa fóra a posibilidade de consultar nel a toponimia galega dos concellos limítrofes á Nacionalidade Histórica de fala galega.
Historia En 1983 promulgouse a Lei de Normalización Lingüística, a cal estabeleceu que os topónimos habían ter como única forma oficial a galega. Posteriormente, fóronse publicando ordes que determinaban os nomes oficiais dos concellos. Finalmente, aprobáronse mediante decreto os nomenclátores das entidades de poboación das provincias de Ourense, Pontevedra, Lugo e A Coruña nos anos 1996, 1998, 2000 e 2003 respectivamente. Para cada provincia saíu do prelo o seu correspondente tomo, recolleitos xa nese 2003 nun único volume: o Nomenclátor de Galicia. Nel recompílanse 37.308 topónimos de lugares, máis ca todo Portugal e có resto de España.
Na obra advertíase, no entanto, que non era un traballo fechado e que xa había suxestións para a revisión dalgunhas das formas oficializadas. En 2014 foran revisados tódolos nomes das provincias da Coruña e Lugo, de xeito que na primeira para uns 1000 topónimos verificados emitíranse uns 500 ditames cunha forma diferente, en canto na segunda para 885 ditamináranse 570. En 2017 o novo nomenclátor estaba previsto para saír dentro dun ano, corrixido e aumentado até os 39.000 núcleos de poboación.
Cambios en 2026 O 30 de marzo de 2026 oficializáronse finalmente as decisións toponímicas nas que se levaban traballando os anos anteriores respecto ós nomes de lugar administrativos en Galicia. Entre elas hai cambios de denominacións (tanto topónimos coma advocacións), retirada doutras (tanto lugares abandonados, coma fusión entre lugares que estaban duplicados ou agregación de parroquias urbanas) ou engadido doutras (especialmente en Rábade). Estas modificacións afectan ós tres niveis: concellos (só cambios, ou modificacións nas fusións que se fixeran entre Oza e Cesuras ou entre Cerdedo e Cotobade.lingua.galtoponimia.galXornal La RegiónRAG (as táboas presentadas reflicten o sancionado por este PDF, incluíndo as súas grallas)
+ Concellos provincia nome vello do concello nome novo do concello cambio A Coruña Oza dos Ríos Oza Cesuras fusión sen guión Cesuras A Coruña Porto do Son O Porto do Son artigo posto Lugo Alfoz Alfoz do Castrodouro modificador Lugo A Pastoriza Pastoriza artigo quitado Lugo Ribeira de Piquín A Ribeira de Piquín artigo posto Ourense Castro Caldelas O Castro de Caldelas artigo posto e máis Ourense Riós O Riós artigo posto Pontevedra Campo Lameiro O Campo Lameiro artigo posto Pontevedra Cangas Cangas de Morrazo modificador Pontevedra A Cañiza A Caniza descastelanizado Pontevedra Cerdedo Cerdedo Cotobade fusión sen guión Cotobade Pontevedra Mondariz-Balneario Mondariz Balneario guión