Aminata Touré, nada o 12 de outubro de 1962 en Dakar, é unha muller de estado senegalesa. Activista dos dereitos humanos e funcionaria na ONU, foi ministra de Xustiza dende 2012 ata 2013 e logo Primeira ministra do Senegal dende 2013 ata 2014. Foi a segunda muller en ostentar o cargo despois de Mame Madior Boye.
Traxectoria O seu nomeamento como Primeira ministra foi anunciado mentres estaba perseguindo varios casos de corrupción nos que estabas implicadas antigos cargos políticos do goberno. Xurou continuar no camiño do "desenvolvemento e da mellora das condicións de vida dos nosos cidadáns." A prensa chegou mesmo a alcumala como "Dama de Ferro" polas súas campañas e plataformas na loita contra a corrupción. Tamén traballou polos dereitos das mulleres nos seus previos cargos políticos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Torild Skard, Women of power : Half a century of female presidents and prime ministers worldwide, Policy Press, 2014, pp. 297-298 .
Categoría:Primeiros ministros do Senegal Categoría:Nados en Dakar Categoría:Nados en 1962 Categoría:Alumnos da Universidade de Borgoña