Maria do Carmo Trovoada Pires de Carvalho Silveira, nada o 14 de febreiro de 1961 en San Tomé e Príncipe, é unha política santomense. Foi Primeira ministra de San Tomé e Príncipe entre o 8 de xuño de 2005 e abril de 2006, ocupando tamén daquela o cargo de ministra de Planificación e Finanzas de San Tomé e Príncipe.

Traxectoria Formouse como economista na Universidade Nacional de Donetsk, en Ucraína, e fixo un máster en Administración Pública na Escola Nacional de Administración de Estrasburgo. Foi tamén a terceira gobernadora do Banco Central de San Tomé e Príncipe entre 1999 e 2006, e de novo no ano 2011 ata 2016.

É membro do Movemento pola Liberación de San Tomé e Príncipe – Partido Socialdemócrata (MLSTP-PSD) e o 8 de xuño de 2005 converteuse en Primeira ministra de San Tomé e Príncipe e ministra de Planificación e Finanzas ata o 21 de abril e 2006. Silveira foi a segunda muller Primeira ministra do seu país. Deixou o seu cargo de Primeira ministra após as eleccións parlamentarias de 2006, cando a oposicións derrotou o MLSTP-PSD. Sucedeuna como Primeiro ministro Tomé Vera Cruz en 2006.

Foi elixida como secretaria executiva da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa en novembro de 2016, sucedendo a Murade Issac Murargy.

Recoñecementos O 17 de decembro de 2018 foi galardoada coa Gran Cruz da Orde do Mérito de Portugal.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil de Maria do Carmo Silveira na páxina da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en San Tomé e Príncipe Categoría:Primeiros ministros de San Tomé e Príncipe Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa