Caleb Cheeshahteaumuck, nado arredor de 1644 e finado arredor de 1666, foi o primeiro indíxena americano en graduarse na Universidade Harvard.
Traxectoria Cheeshahteaumuck, o fillo dun sachem Nobnocket (West Chop) naceu no seo do pobo wampanoag na illa de Martha's Vineyard e recibiu unha educación formal. El e o seu compañeiro Joel Hiacoomes foron educados en Vineyard por Peter Folger, o avó materno de Benjamin Franklin.
Ámbolos dous asistiron ó colexio de gramática de Elijah Corlet en Cambridge arredor do ano 1657.
Harvard e pasamento Cheeshahteaumuck e Hiacoomes entraron no Indian College de Harvard en 1661. Hiacoomes morreu nun naufraxio uns meses antes de se graduar mentres regresaba a Harvard dende Martha's Vineyard. Cheeshahteaumuck converteuse no primeiro indíxena americano en graduarse en Harvard no ano 1665. Morreu de tuberculose en Watertown, Massachusetts menos dun anos despois da graduación."Remembering Native Sons" , Harvard University Gazette, 1 de maio de 1997."Harvard Honors First Native American Students" , Susan Peterson, Harvard University Gazette, 8 de maio de 1997."The Ancient Proprietors: Wampanoags" , Part I: Nantucket's First Peoples of Color, The Other Islanders, Frances Ruley Karttunen, Nantucket, Massachusetts: Nantucket Historical Association, 2002. Consultado o 22 de outubro de 2007. This online book has also been issued in a print edition (New Bedford, Massachusetts: Spinner Publications, Inc., 2005, .)
Consérvase un documento da época de Cheeshahteaumuck en Harvard, que supostamente escribiu, redactado completamente en latín. Esta breve carta, dirixida ós "máis honrados benfeitores", contén referencias á mitoloxía grega, ós filósofos antigos e á ideoloxía cristiá e foi destinada a agradecer ós doantes e animalos a continuar co seu apoio financeiro. Algúns consideran que esta é o escrito máis antigo dun indíxena no continente.
En 1674, Daniel Gookin, escribiu sobre os indíxenas de Nova Inglaterra, describindo a morte de Cheeshahteaumuck e como "Caleb, non moito tempo despois de licenciarse en arte en Cambridge, Nova Inglaterra, morreu dunha tuberculose en Charlestown, onde foi visitado por Mr. Thomas Danforth, quen o inspeccionou e puxo a súa saúde baixo o coidado de médicos; onde dispuxo dos mellores medios que o país podía proporcionar, tanto alimentos como menciñas; mais Deus negoulle a súa beizón e puxo un remate ó seus días."
A Fundación Harvard presentou un retrato de Cheeshahteaumuck o 16 de decembro de 2010 na sala Annenberg, pintado por Stephen E. Coit.
Legado Cheeshahteaumuck é o personaxe principal do libro de Geraldine Brooks de ficción histórica Caleb's Crossing.
Notas
Categoría:Pobo wampanoag Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Finados en 1666 Categoría:Finados por tuberculose