Os Acereros de Monclova, oficialmente Acereros del Norte, son un equipo profesional de béisbol mexicano que compite na Liga Mexicana de Béisbol (LMB). O club, fundado en 1974, ten a súa sede en Monclova, Coahuila. O club posúe no seu palmarés un título de liga, conseguido no ano 2019 após vencer na Serie del Rey aos Leones de Yucatán no sétimo e último partido. O seu estadio como local é o Estadio Monclova, parque con capacidade para 8.500 espectadores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos da Liga Mexicana de Béisbol Categoría:Equipos de béisbol de México