Rosa Aguilar Rivero, nada en Córdoba en 1957, é unha política andaluza, foi ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de España entre os anos 2010 e 2011
Traxectoria Licenciada en dereito, entrou en política da man do Partido Comunista de España e de Izquierda Unida, concelleira en Córdoba desde 1987 ata 1991. Deputada no Parlamento de Andalucía substituíndo a Julio Anguita (1990-1993), deputada no Congreso dos Deputados (1993-1996). En 1999 accedeu á alcaldía de Córdoba grazas a un pacto co PSOE, no ano 2003 revalidou o seu mandato, xa sen precisar pacto ningún.
Crítica con algunhas posturas de IU, como a entrada de Ezker Batua no goberno vasco ou a negativa de IU á Constitución Europea, en 2009 accedeu como independente a ser conselleira de Obras Públicas na Xunta de Andalucía, o que espertou grandes críticas entre os membros do seu partido, que non tiña asinado ningún pacto co Partido Socialista Obrero Español. En 2010 foi nomeada por José Luis Rodríguez Zapatero ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, en substitución da galega Elena Espinosa.
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de ministros de Agricultura de España
Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Nados en 1957 Categoría:Ministros de España Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados por IU Categoría:Alcaldes de Córdoba Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados do Parlamento de Andalucía Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)