Joseph Maurice Ravel, nado en Ciboure, Pireneos Atlánticos, o 7 de marzo de 1875 e finado en París o 28 de decembro de 1937, foi un compositor francés da época moderna.

Traxectoria esquerda|miniatura|240x240px|Ravel ao piano A súa obra, que denota un estilo neoclásico audaz, é o froito dunha herdanza complexa e de procuras musicais que revolucionaron o piano e a música orquestral.

Ravel recoñécese como un mestre da orquestración e un artesán meticuloso que cultivaba a perfección formal ao tempo que permanecía profundamente humano.

É o autor dun célebre bolero, e un dos músicos máis tocados do mundo. Adaptación de música galega Durante a súa carreira, Ravel tamén se dedicou á adaptación de músicas de diferentes culturas, entre elas fixo unha versión da canción galega "Adiós, meu meniño, adiós" de Marcial del Adalid. Esta peza é parte da súa Chanson espagnole, onde respecta tanto o texto orixinal en galego como a melodía. En 1910, Ravel participou con sete pezas nun concurso organizado pola 'Casa do Lied' en Moscova. Os temas premiados foron publicados o ano a seguir baixo o título Quattre Chants Populaires. Para a canción nº 1, Ravel empregou a melodía publicada por Adalid en 1880 como parte da segunda serie da colección Cantares vellos e novos de Galicia, incluíndo o texto galego como alternativa ao francés.

Segundo Margarita Soto Viso, a adopción desta melodía con ritmo de habanera pode alterar significativamente o sentido orixinal do texto e a música, mostrando unha interpretación libre que se distancia do espírito da melodía orixinal.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Bolero de Ravel Ligazóns externas Chanson espagnole de Maurice Ravel (vídeo en YouTube.com)

Categoría:Compositores de ópera Categoría:Compositores de Francia Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados no departamento dos Pireneos Atlánticos Categoría:Franceses de ascendencia vasca