A dos secernénteos (Secernentea) é unha clase de nematodos.

É unha das dúas clases tradicionais de nematodos, que está fundamentada en criterios morfolóxicos, pero non está apoiada por análises moleculares modernos.Ferris, H. 2008. THE "NEMATODE-PLANT EXPERT INFORMATION SYSTEM", A Virtual Encyclopedia on Soil and Plant Nematodes. Comparison of Morphology- and DNA-based Classifications. Department of Nematology, University of California .

Características Son nematodos con anfidios localizados dorsolateralmente sobre os labios laterais ou no extremo anterior, as aberturas dos anfidios son en forma de poro ou de fendedura; os deridios e os fasmidios están presentes; o aparato excretar é tubular; a cutícula, estriada, está provista de dúas a catro capas; o esófago é variábel, pero con tres glándulas esoxáficas; as ás cuadais están presentes. Os machos posúen, en xeral, un testículo, teñen papilas sensoriais cefálicas e pode haber tamén papilas caudais. A hipoderme é uninucleada ou multinucleada. A cutícula componse de dúas a catro capas, e presenta estrías transversais ou aneis. O sistema excretor ábrese ventrolateralmente mediante un ducto cuticularizado conectado a túbulos colectores en un ou a ambos os lados do corpo. A cavidade corporal presenta de catro a seis pseudocelomocitos.

Son case exclusivamente terrestres, rara vez de auga doce ou mariños.

Taxonomía De modo tradicional, os secernénteos se subdiven en tres subclases, cun total de oito ordes, ou nove, segundo os autores.Secernentea na ADW.

Subclase Rhabditia Orde Rhabditida Orde Strongylida

Subclase Spiruria Orde Spirurida Orde Ascaridida Orde Camallanida Orde Drilonematida

Subclase Diplogasteria Orde Diplogasterida Orde Tylenchida

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Nematodos Fasmidio

Categoría:Nematodos Categoría:Fitopatoloxía