Gaofen é unha serie de satélites de recoñecemento civís chineses tanto ópticos como de radar.

Gaofen 1 Gaofen 1 foi o primeiro membro da serie de satélites Gaofen. Foi lanzado o 26 de abril de 2013 mediante un foguete CZ-2D. Leva a bordo unha cámara pancromática cunha resolución de 2 m e outra multiespectral de 8 m de resolución, así como unha cámara multiespectral gran angular cunha resolución de 16 m. Usa o bus CAST2000.

Gaofen 1-02, 1-03 e 1-04 Son satélites similares a Gaofen 1 pero sen a cámara gran angular, o que lles permite ter un menor tamaño e ser lanzados á vez. Os tres foron lanzados o 30 de marzo de 2018 mediante un foguete CZ-4C.

Gaofen 2 Gaofen 2 mellora a resolución do seu predecesor, levando unha cámara pancromática cunha resolución de 80 cm e outra multiespectral de 3,2 m de resolución. Usa o bus CS-L3000A e foi lanzado o 19 de agosto de 2014 mediante un fogute CZ-4B.

Gaofen 3, 3-02 e 3-03 Os Gaofen 3, 3-02 e 3-03 teñen unha masa de 2950 kg, usan o bus CS-L3000B e foron lanzados o 9 de agosto de 2016, o 22 de novembro de 2021 e o 6 de abril de 2022, os tres mediante foguetes CZ-4C. Usan radar de apertura sintética (SAR) multipolarizado en banda C para observar a superficie terrestre.

Gaofen 4 Gaofen 4, a diferenza dos anteriores, foi enviado á orbita xeoestacionaria. Ten unha masa de 4600 kg e foi lanzado o 28 de decembro de 2015 mediante un CZ-3B. Pode observar en lonxitudes de onda visibles (cunha resolución de 50 m) e infravermellas (resolución de 400 m).

Gaofen 5 e 5-02 Gaofen 5 e Gaofen 5-02 levan a bordo máis instrumentos que os seus predecesores, incluíndo cámaras para o visible e o infravermello, detectores de gases de efecto invernadoiro, detectores medioambientais atmosféricos infravermellos de alta resolución espectral, detectores de gases traza e detectores de polarización. O primeiro foi lanzado o 8 de maio de 2018 e o segundo o 7 de setembro de 2021, ambos mediante un foguete CZ-4C.

Gaofen 6 Gaofen 6 é similiar a Gaofen 1, pero cunha cámara pancromática (2 m de resolución) e multiespectral (8 m de resolución) e outra gran angular de 16 m de resolución. Foi lanzado o 2 de xuño de 2018 mediante un CZ-2D.

Gaofen 7 Gaofen 7 adícase ao recoñecemento óptico, ten unha masa de 2400 kg e foi lanzado o 3 de novembro de 2019 mediante un CZ-4B.

Gaofen 8 Gaofen 8 tamén se adica ao recoñecemento óptico. Foi lanzado a unha órbita de 484 x 493 km o 26 de xuño de 2015 mediante un CZ-4B.

Gaofen 9-01, 9-02, 9-03, 9-04 e 9-05 Os tres satélites Gaofen 9 proporcionan imaxes ópticas da superficie terrestre cunha resolución inferior ao metro. Foron lanzados o 14 de setembro de 2015, o 31 de maio de 2020 e o 17 de xuño de 2020 mediante foguetes CZ-2D.

Gaofen 10 e 10R Gaofen 10 foi lanzado o 31 de agosto de 2016, pero non chegou a órbita por un problema co seu foguete. A súa substitución, Gaofen 10R, foi posta en órbita o 4 de outubro de 2019 mediante un CZ-4C. A misión concreta do satélite é descoñecida.

Gaofen 11-01, 11-02, 11-03, 11-04 e 11-05 Gaofen 11-01, 11-02, 11-03, 11-04 e 11-05 son cinco satélites de recoñecemento óptico de alta resolución. O primeiro foi lanzado o 31 de xullo de 2016 mentres que o segundo o foi o 7 de setembro de 2020, o terceiro o 11 de novembro de 2021, o cuarto o 27 de decembro de 2022 e o quinto o 19 de xullo de 2024, todos mediante foguetes CZ-4B.

Gaofen 12, 12-02, 12-03, 12-04 e 12-05 Gaofen 12, Gaofen 12-02, Gaofen 12-03, Gaofen 12-04 e Gaofen 12-05 son cinco satélites de recoñecemento mediante radar de alta resolución. Gaofen 12 foi lanzado o 27 de novembro de 2019, Gaofen 12-02 o 30 de marzo de 2021, Gaofen 12-03 o 27 de xuño de 2022, Gaofen 12-04 o 20 de agosto de 2023 e Gaofen 12-05 o 15 de outubro de 2024, todos mediante foguetes CZ-4C.

Gaofen Duomo Gaofen Duomo é un satélite de recoñecemento para o programa guvernamental China High-definition Earth Observation System (CHEOS). Foi lanzado o 3 de xullo de 2020 mediante un foguete CZ-4B desde Taiyuan.

Gaofen 13 e 13-02 Os Gaofen 13 son satélites de observación terrestre enviados á órbita xeoestacionaria. Parecen ser unha versión mellorada de Gaofen 4, cun sistema óptico máis grande e cunha resolución estimada de 15 m. Foron lanzados respectivamente o 11 de outubro de 2020 e o 17 de marzo de 2023, ambos mediante foguetes CZ-3B.

Gaofen 14 e 14 2 Os Gaofen 14 e 14 2 son satélites de observación civil terrestre con capacidade para facer cartografía estereoscópica. Belarús participa nestes satélites. Foron lanzado nunha órbita de 482 x 495 km, cunha inclinación orbital de 97,5º, o primeiro o 6 de decembro de 2020 e o segundo o 16 de outubro de 2025.

Gaofen 5-01A Gaofen 5-01A é unha versión modificada dos Gaofen 5 e Gaofen 5-02. Leva a bordo unha cámara infravermella cun campo de visión da superficie terrestre de 1500 km de ancho, unha cámara hiperespectral no infravermello e un espectrómetro diferencial de absorción para o estudo de gases traza atmosféricos.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasGaofen 126 de abril de 2013CZ-2DÉxitoGaofen 219 de agosto de 2014CZ-4BÉxitoGaofen 826 de xuño de 2015CZ-4BÉxitoGaofen 914 de setembro de 2015CZ-2DÉxitoGaofen 428 de decembro de 2015CZ-3BÉxitoGaofen 431 de xullo de 2016CZ-4BÉxitoGaofen 39 de agosto de 2016CZ-4CÉxitoGaofen 1031 de agosto de 2016CZ-4CFalloGaofen 1-02, 1-03, 1-0430 de marzo de 2018CZ-4CÉxitoGaofen 530 de maio de 2018CZ-4CÉxitoGaofen 62 de xuño de 2018CZ-2DÉxitoGaofen 10R4 de outubro de 2019CZ-4CÉxitoGaofen 73 de novembro de 2019CZ-4BÉxitoGaofen 1227 de novembro de 2019CZ-4CÉxitoGaofen Duomo3 de xullo de 2020CZ-4BÉxitoGaofen 11-027 de setembro de 2020CZ-4BÉxitoGaofen 1311 de outubro de 2020CZ-3BÉxitoGaofen 156 de decembro de 2020CZ-3BÉxitoGaofen 5-01A8 de decembro de 2022CZ-2DÉxitoGaofen 13-0217 de marzo de 2023CZ-3BÉxitoGaofen 11-0519 de xullo de 2024CZ-4BÉxitoGaofen 12-0515 de outubro de 2024CZ-4CÉxitoGaofen 14-0216 de outubro de 2025CZ-3BÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos CZ-2D CZ-3B CZ-4B CZ-4C CAST-2000

Categoría:Satélites artificiais