Cesante é a situación do funcionariado que é privado do seu emprego por decisión dun superior, deixándolle, nalgúns casos, parte do soldo. Xeralmente, quedaban incluídos no grupo das clases pasivas,Gil de Zárate (1851), p. 44 e en España até 1845 mesmo tiñan dereito á percepción dunha pensión.Albuera (1990), p. 45
Historia
En España esta figura estivo presente, sobre todo, durante o reinado de Isabel II, no que a chegada ao poder dos moderados ou dos progresistas implicaba a remuda de tódolos cargos políticos e administrativos existentes, incluídos os funcionarios até na súa escala máis básica.
Mesonero Romanos defíneo dun xeito característico no capítulo titulado "El cesante", na súa obra Escenas y tipos matritenses:
Con estas disfuncións e engadindo as necesidades crecentes da administración da época e de profesionalizar o funcionariado, fundamentalmente a finais do século XIX, prodúcense debates propondo solucións. Xa Antonio Maura nun discurso pronunciado na Academia de Xurisprudencia en 1898 expuña o estado da cuestión en toda a súa crueza. Foi de novo Maura, cando dirixe un dos gobernos de concentración en 1918, quen estableceu o chamado "Estatuto Maura" ou Estatuto da Administración Pública de 1918 no que se eliminou a "cesantía política",Albuera (1990), p. 46 e no que se recolleu como idea principal a da inamobilidade dos funcionarios, unha das medidas fundamentais para conseguir a independencia da Función Pública.
Porén, o concepto de "cesantía" non se eliminou legalmente até 1954.
Ficción Na ficción, a figura do cesante é reflectida en múltiples obras como na novela Miau de Benito Pérez Galdós, e no conto El rey Baltasar de Leopoldo Alas "Clarín" ou tamén na obra de Eduardo Zamora y Caballero, Un Tenor, un gallego y un cesante: juguete cómico en un acto.Zamora y Caballero (1887), p. 15 ("Yo soy un funcionario público, digo mal, un ex-funcionario público... vulgo... un cesante").Zamora y Caballero (1887), p. 18 ("Mira, yo... hoy por hoy, soy un cesante, que no es una gran cosa... pero en cuanto suban los míos, seré un empleado").
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Historia de España do século XIX Categoría:Administración