José María Gueimunde López, coñecido como Pepé, nado en Viveiro en 1911 e finado no mesmo concello o 3 de febreiro de 1984,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-2-1982, p. 41 foi un político galego.

Traxectoria Xestor administrativo. Concelleiro de Viveiro e primeiro tenente alcalde, foi deputado provincial. Foi nomeado alcalde de Viveiro en 1967. Permaneceu no cargo até 1969. Foi presidente do Casino de Viveiro de 1943 a 1948 e entre 1967 e 1971.La Voz de Galicia, Lugo, 5-2-1986, p. 23.

Vida persoal

Casou con Amparo Vila Álvarez e foi pai de Benigna, Francisco e José María Gueimunde Vila. Foi o avó da exsenadora do PPdeG por Lugo, e tamén alcaldesa de Viveiro, María del Carmen Gueimunde.

Notas

Categoría:Alcaldes de Viveiro Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes