Carlos Morris Soriano, nado en Valencia cara a 1880 e finado en Ferrol o 24 de agosto de 1936, foi un militar e político galego.

Traxectoria Comandante de Infantaría de Mariña. Foi comandante do transporte Almirante Lobo e combateu en África, polo que foi condecorado. Foi nomeado Axudante de mariña de Viveiro en 1928.El Correo Gallego, 1-6-1928, p. 4. Retirado, na Segunda República militou en Unión Republicana e foi concelleiro da Fronte Popular en Viveiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado. Detido en Ferrol o 23 de agosto,El Pueblo Gallego, 24-8-1936, p. 8. foi asasinado o día seguinte pretextando un traslado a Viveiro.

Vida persoal

Casou en Ferrol con Amparo de Castro Fernández en 1903.El Correo Gallego, 13-6-1903, p. 2. Notas

Categoría:Militares Categoría:Concelleiros de Viveiro Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Valencia Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados no século XIX Categoría:Personalidades sen imaxes