Xica da Silva é un filme brasileiro dirixido e escrito por Carlos Diegues, baseado no libro homónimo de João Felício dos Santos de 1976. Está protagonizado por Zezé Motta e Walmor Chagas. É unha versión romantizada da historia real de Chica da Silva,http://dicionarioegramatica.com/2015/12/06/chica-ou-xica-da-silva-o-certo-e-xica-ou-chica-da-silva/ Chica ou Xica da Silva? in: DicionarioeGramatica.com unha escrava africana no Brasil que atrae a atención dun poderoso terratenente portugueses e que posteriormente forma parte da alta sociedade brasileira. Foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 49ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Sinopse Conta a historia (dende unha perspectiva romántica) da escrava Chica da Silva.
Personaxes Zezé Motta como Xica da Silva Walmor Chagas como João Fernandes Altair Lima como intendente Elke Maravilha como Hortência Stepan Nercessian como José Rodolfo Arena como sarxento José Wilker como o conde de Valadares Marcos Vinicius como Teodoro João Felicio dos Santos como pastor
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 49ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie Bibliografía
Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes dirixidos por Carlos Diegues