Unorthodox é unha miniserie xermana-estadounidense que se estreou en Netflix o 26 de marzo de 2020. A serie está vagamente baseada na autobiografía Unorthodox: The Scandalous Rejection of My Hasidic Roots de Deborah Feldman, publicada no ano 2012. É a primeira serie de Netflix en yiddish.
Sinopse Unha rapaza xudía de dezanove anos chamada Esty escapa dun matrimonio arranxado e da súa comunidade ultraortodoxa en Williamsburg, Brooklyn, na cidade de Nova York. Múdase a Berlín, onde vive a súa nai, tentando levar unha vida secular e querendo entrar nun conservatorio de música. O seu marido, quen descobre que está embarazada, viaxa a Berlín co seu curmán por orde do seu rabino para tentar atopala e traela de volta.
Personaxes Shira Haas como Esther "Esty" Shapiro Jeff Wilbusch como Moishe Lefkovitch Amit Rahav como Yanky Shapiro Alex Reid como Leah Mandelbaum Ronit Asheri como Malka Schwartz Gera Sandler como Mordechai Schwartz Dina Doron como avoa de Esty ("Bubbe") Aaron Altaras como Robert Tamar Amit-Joseph como Yael Roubeni Aziz Deyab como Salim David Mandelbaum como Zeidy Delia Mayer como Miriam Shapiro Felix Mayr como Mike Eli Rosen como Rabbi Yossele Safinaz Sattar como Dasia Langston Uibel como Axmed Isabel Schosnig como Nina Decker Laura Beckner como Vivian Dropkin Harvey Friedman como Symcha Shapiro Lenn Kudrjawizki como Igor Yousef 'Joe' Sweid como Karim Nuri
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Series de televisión en lingua alemá Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión en lingua yiddish Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Alemaña