Mário Raul Morades de Andrade, nado en São Paulo o 9 de outubro de 1893 e finado no mesmo lugar o 25 de febreiro de 1945, foi un poeta, escritor, crítico literario, musicólogo, folclorista, ensaísta e fotógrafo do Brasil. Co seu libro Pauliceia Desvairada (1922), foi un dos pioneiros da poesía brasileira moderna. Tamén foi un dos primeiros investigadores do seu país no campo da etnomusicoloxía.
De Andrade foi unha figura central das vangardas en São Paulo. Músico adestrado e máis coñecido como poeta e novelista, Mário de Andrade estivo persoalmente envolvido en practicamente todas as disciplinas que estiveron relacionadas co modernismo en São Paulo, tornándose o polímata nacional do Brasil.. As súas fotografías e os seus ensaios, que cubrían unha ampla variedade de asuntos, da historia á literatura e á música, foron amplamente divulgados na prensa da época. De Andrade foi a forza motriz por tras da Semana de Arte Moderna, evento celebrado en 1922 que reformulou a literatura e as artes visuais no Brasil, e foi tamén un dos integrantes do "Grupo dos Cinco". As ideas por tras da Semana serían mellor delineadas no prefacio do seu libro de poesía Pauliceia Desvairada e nos propios poemas.
Despois de traballar como profesor de música e columnista de xornal publicou a súa maior novela, Macunaíma, en 1928. Mário de Andrade continuou a publicar obras sobre música popular brasileira, poesía e outros temas cun ritmo desigual, que se veu interrompido varias veces debido ás súas inestábeis relacións co goberno brasileiro. No fin da súa vida, tornouse o director-fundador do Departamento Municipal de Cultura de São Paulo, formalizando o rol que desempeñou durante moito tempo como catalizador da modernidade artística na cidade e no país.
Primeiros anos esquerda|miniatura|Predio onde morou Mário de Andrade na Praza do Paissandu, São Paulo. Arquivo Nacional. Mário de Andrade naceu en São Paulo, cidade onde morou durante case toda a vida, no número 320 da Rúa Aurora, onde seus pais, Carlos Augusto de Andrade e Maria Luísa de Almeida Leite Moraes de Andrade tamén moraran. Durante a súa infancia foi considerado un pianista prodixio, e foi matriculado no Conservatório Dramático e Musical de São Paulo en 1911. Recibiu educación formal só en música, mais foi autodidacta en historia, arte e, especialmente, poesía. Dominaba a lingua francesa, o que lle permitiu ler a Rimbaud e os principais poetas simbolistas franceses durante a infancia. Aínda que escribiu poesía durante todo o período en que estivo no Conservatório, De Andrade non pensaba en facelo profesionalmente até que a carreira de pianista profesional deixou de ser unha opción viábel.
En 1913, o seu irmán Renato, de catorce anos de idade, morreu dun golpe recibido cando xogaba ao fútbol, o que causou un profundo choque en De Andrade. Abandonou o conservatorio e retirouse coa familia a unha facenda que posuían en Araraquara. Ao retornar, a súa habilidade para tocar o piano vírase afectada por un tremor nas mans. Abandonou os seus estudos no Conservatório e comezou a formarse en canto e teoría musical coa intención de converterse en profesor de música. Ao mesmo tempo, comezou a ter un interese máis serio pola literatura. En 1917, ano en que se licenciou, publicou o primeiro libro de poemas, Há uma gota de sangue em cada poema, co pseudónimo de Mário Sobral. O libro contén indicios dunha crecente percepción do autor en relación a unha identidade particularmente brasileira, mais, igual ca a maior parte da poesía brasileira producida na época, faino nun contexto fortemente ligado á literatura europea —especialmente á francesa.
O seu primeiro libro parece que non tivo un impacto significativo, e De Andrade decidiu ampliar o ámbito da súa escrita. Deixou São Paulo e viaxou para o campo. Iniciou unha actividade que continuaría polo resto da vida: o meticuloso traballo de documentación sobre a historia, o pobo, a cultura e especialmente a música do interior do Brasil, tanto en São Paulo como no Nordeste. De Andrade tamén publicou ensaios en xornais de São Paulo, algunhas veces ilustrados polas súas propias fotografías, e foi, por enriba de todo, acumulando informacións sobre a vida e o folclore brasileiro. Entre as viaxes, De Andrade ensinaba piano no Conservatório, sendo tamén, segundo o relato de Oneyda Alvarenga, alumno de estética do poeta Venceslau de Queirós, a quen sucedeu como profesor no Conservatório tras a súa morte en 1921.
Mário de Andrade compuxo unha única canción, titulada "Viola Quebrada", feita en colaboración con Ary Kerner.
Traballo dereita|miniatura|282x282px|Da esquerda para a dereita: Cândido Portinari, Antônio Bento, Mário de Andrade e Rodrigo Melo Franco. Palace Hotel, Río de Xaneiro, 1936. Ao mesmo tempo que Andrade efectuaba o seu traballo como pescudador do folclore brasileiro, fixo amizade cun grupo de mozos artistas e escritores de São Paulo que, coma el, estaban interesados no modernismo europeo. Algúns deles integrarían máis tarde o chamado Grupo dos Cinco, composto por el propio, os poetas Oswald de Andrade (sen relación de parentesco con Mário de Andrade, a pesar da coincidencia de nomes) e Menotti del Picchia, amais das pintoras Tarsila do Amaral e Anita Malfatti. Esta última visitara Europa os anos anteriores á Primeira Guerra Mundial, e introduciu o expresionismo en São Paulo.
En 1922, ao mesmo tempo que preparaba a publicación de Pauliceia desvairada, Andrade traballou con Malfatti e Oswald de Andrade na organización dun evento dirixido a divulgar as obras deles a un público máis amplo: a Semana de Arte Moderna, que se desenvolveu no Teatro Municipal de São Paulo entre os días 11 e 18 de febreiro. Alén dunha exposición de pinturas de Malfatti e doutros artistas asociados ao modernismo, durante eses días realizáronse lecturas literarias e palestras sobre arte, música e literatura. Andrade foi o principal organizador e un dos máis activos participantes do evento, que, a pesar de ser recibido con escepticismo, atraeu unha grande audiencia. Andrade, na ocasión, presentou o esbozo do ensaio que viría publicar en 1925, A escrava que não é Isaura.
Os membros do Grupo dos Cinco continuaron traballando xuntos durante a década de 1920, período durante o cal a súa reputación creceu e as hostilidades ás súas innovacións estéticas foron gradualmente diminuíndo. Mário de Andrade traballou, por exemplo, na Revista de Antropofagia, fundada por Oswald de Andrade, en 1928. Mário e Oswald de Andrade foron os principais impulsores do movemento modernista brasileiro, de acordo con Paulo Mendes de Almeida, que era un amigo de ambos.
Misión de investigacións folclóricas En 1935, durante unha etapa de inestabilidade do goberno Vargas, organizou, xuntamente co escritor e arqueólogo Paulo Duarte, un Departamento de Cultura para a unificación da cidade de São Paulo (Departamento de Cultura e Recreação da Prefectura Municipal de São Paulo), do que Mário de Andrade se tornou director. En 1938, reuniu un equipo co obxectivo de catalogar músicas do Norte e Nordeste brasileiros. Tiña como obxectivo declarado, de acordo coa acta da súa fundación, "conquistar e divulgar a todo país, a cultura brasileira". O ámbito de aplicación do creado Departamento de Cultura foi bastante amplo: a investigación cultural e demográfica, como construción de parques e recreacións, alén de importantes publicacións culturais.
Exerceu o seu cargo coa ambición que o caracterizaba: ampliar o seu traballo sobre música e folclore popular, e ao mesmo tempo organizar exposicións e conferencias. As misións acadaron un ultaron un vasto acervo rexistrados en vídeo, son, imaxes, anotacións musicais, dos lugares percorridos pola Misión de Pescudas Folclóricas, o que pode ser considerado como un dos primeiros proxectos multimedia da cultura brasileira. O material foi dividido de acordo co carácter funcional das manifestacións: músicas de bailar, cantar, traballar e rezar. Trouxo a súa colección fonográfica-cultural para o Departamento, formando unha Discoteca Municipal, que era posibelmente das mellores e maiores reunidas no hemisferio. esquerda|miniatura|327x327px|Mário on 12 de xuño de 1927. Nun marco do Departamento de Cultura, Claude Lévi-Strauss, entón profesor visitante da Universidade de São Paulo, realizou pescudas. Outro gran evento foi a Misión de Pescudas Folclóricas, que en 1938, visitou máis de trinta localidades en seis estados brasileiros á procura de material etnográfico, especialmente na música. A misión foi interrompida, no entanto, cando, en 1938, pouco despois de instaurado o Estado Novo (ao cal era contrario), por Getúlio Vargas, Mário dimitiu do departamento.
Mário de Andrade tamén foi un dos mentores e fundadores do Servizo do Patrimonio Histórico e Artístico Nacional, xunto co avogado Rodrigo Melo Franco . Limitacións de orde política e financeira impediron a realización dese proxecto (que sería caracterizado por unha radical arremetida no inventario artístico e cultural de todo o país), restrinxindo as asignacións do instituto, fundado en 1937, á preservación de sitios e obxectos históricos relacionados a feitos políticos históricos e ao legado relixioso no país.
Mudouse para o Río de Xaneiro para tomar posesión dun novo posto na UFRJ, onde dirixiu o Congreso da Lingua Nacional Cantada, un importante evento folclórico e musical. En 1941 volveu para São Paulo e ao antigo posto do Departamento de Cultura, a pesar de non traballar coa mesma intensidade que antes.
Andrade morreu na súa residencia en São Paulo debido a un infarto, o 25 de febreiro de 1945, cando tiña 51 anos. Dadas as súas diverxencias co réxime, non houben ningunha reacción oficial significativa antes da súa morte. Foi sepultado no Cemiterio da Consolação en São Paulo. Dez anos máis tarde, porén, cando foron publicadas en 1955, Poesías completas, cando xa falecera o presidente Vargas, comezou a consagração de Andrade como un dos principais valores culturais no Brasil. En 1960 foi dado o seu nome á Biblioteca Municipal de São Paulo.
Obra A súa segunda obra, Pauliceia desvairada, colocouno entre os pioneiros do movemento modernista no Brasil, culminando, en 1922, como unha das figuras máis proeminentes da histórica Semana de Arte Moderna. Algúns dos seus libros de poesía máis coñecidos son: Losango cáqui, Clã do jabuti, Remate de males, Poesias e Lira paulistana. Mário de Andrade foi tamén un excelente escritor de contos en libros como Primeiro andar (1926) e Contos Novos (1946), ben como crónicas (Os Filhos da Candinha, 1945).
Foi amigo e partillou algúns dos ideais estéticos modernistas de Oswald de Andrade.
Poesía O "prefácio interessantíssimo" é o prefacio de Mário de Andrade ao seu propio libro Pauliceia Desvairada, considerado a base do modernismo brasileiro. Abre cunha cita do escritor belga Émile Verhaeren, que é o autor de Villes Tentaculaires. O prefacio non fala do libro, mais si dunha actitude xeral perante a literatura. É unha especie de manifesto poético, en versos libres.
No inicio do Prefácio el propio denuncia a súa actitude. Despois de afirmar que "está fundado o Desvairismo", afirma que o seu texto é medio en serio medio a brincar. O que lle dá un carácter inconfundíbel de, por un lado, programa poético e, por outro, parodia. Así o serio e o divertimento mestúranse nun todo sen fronteiras definidas. Repárese aínda que é un texto moi asertivo, provocativo e polémico no que é característico o Modernismo.
Nun estilo rápido e solto, con ideas truncadas, e que atinxe un efecto de grande dinamismo. Mário de Andrade loita por unha expresión nova, por unha expresión que non estea agarrada a formas do pasado: "escribir arte moderna non significa xamais para min representar a vida actual no que ten de exterior: automóbiles, cinema, asfalto."