Geo-IK-2, tamén coñecidos como Musson-2 (índice GRAU 14F31), é unha serie de satélites xeodésicos rusos sucesores dos satélites Geo-IK.

Características A misión dos satélites Geo-IK-2 é recoller datos para mellorar as análises en xeodesia. O corpo do satélite é un cilindro presurizado de 1,3 m de diámetro e 1,3 m de altura que contén a electrónica e soporta a antena de alta ganancia e os paneis solares. Para facer as medicións habitualmente hai dous satélites en órbita, a unha altura de 1000 km. Os satélites teñen unha masa de 1400 kg e son lanzados mediante foguetes Rokot KM, co primeiro sendo lanzado o 1 de febreiro de 2011 e fallando por problemas co seu foguete portador.

Instrumentos Os Geo-IK-2 dispoñen de tres instrumentos:

O radar altímetro SADKO, construído por Thales Alenia. Reflectores láser na superficie do satélite para medir a distancia cara ao satélite desde terra. Receptores Glonass e GPS.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador Notas Geo-IK-2 1 (Musson-2 1, Kosmos 2470) 1 de febreiro de 2011 Rokot KM Fallo do foguete lanzador. Geo-IK-2 2 (Musson-2 2, Kosmos 2517) 4 de xullo de 2016 Rokot KM Éxito Geo-IK-2 3 (Musson-2 3, Kosmos 2540) 30 de agosto de 2019 Rokot KM Éxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rokot KM Geo-IK

Categoría:Satélites artificiais