Annemiek van Vleuten, nada en Vleuten (Utrecht) o 8 de outubro de 1982, é unha ciclista dos Países Baixos. Traxectoria Forma parte da escuadra navarra do Movistar. Comezou a competir a nivel profesional no ano 2008 no equipo Vrienden van het platteland e conseguiu a primeira vitoria na Novilon Eurocup Ronde Van Drenthe. No ano 2019 xa superara a sesenta vitorias como profesional entre as que destacan dos Giro Rosa (2018 e 2019), La Course by Le Tour de France do ano 2018 ou a Strade Bianche de 2019.
É tres veces campioa do mundo de ciclismo en ruta, acadando dous ounos na proba contra o crono de 2017 e 2018 e unha na proba en ruta de 2019 ande rodou escapada do pelotón durante 106 quilómetros e sacando mais de dous minutos a súa gran rival Anna van der Breggen.
Participou nos Xogos Olímpicos de Londres onde axudou a súa compatriota Marianne Vos a acadar o ouro e tamén nos Xogos de Río onde sufriu unha terrible caída mentres lideraba a proba no descenso de Vista Chinesa.
Notas
Categoría:Ciclistas olímpicos dos Países Baixos Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Utrecht Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Países Baixos Categoría:Medallistas olímpicos de prata polos Países Baixos Categoría:Medallistas olímpicos en ciclismo