O Rally de Noia de 1994 foi a 11ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 16 de abril de 1994 e o vencedor foi Javier Piñeiro.

Resumo O rally caracterizouse polo gran número de abandonos, que provocaron que só chegaran á meta 14 dos 35 pilotos que tomaron a saída. Entre os pilotos que tiveron que abandonar estaban algúns dos favoritos, como o local Arturo Rial, Miguel Dopico ou Manuel Senra, que tras sufrir un espectacular accidente contra un muro foi evacuado en helicóptero ao Hospital Xeral con dúas costelas rotas, mentres que o seu copiloto, José Maceiras, foi evacuado en ambulancia. O accidente de Senra fixo que se anulase a primeira pasada por Montemuíño. Con estes abandonos Carlos Táboas colocouse primeiro até que a choiva lle provocou un trompo e a perda do liderado. Finalmente tamén tivo que abandonar. A vitoria foi finalmente para Javier Piñeiro, con Pedro Castañón segundo e Rafael Pérez terceiro. Clasificación +PosPilotoCopilotoVehículoTempo1 Javier Piñeiro Manuel FerreiroRenault Clio Williams59:402 Pedro Luis Castañón Miguel Ángel VilasCitroën AX Sport1h00:133 Rafael Pérez Herminio GonzálezRenault Clio 16v1h01:104 Álvaro Couto "Patiño"GómezRenault 5 GT Turbo1h02:135 Manuel Varela Fernando PardoCitroën AX Sport1h02:44Abandonos- Manuel Senra José MaceirasPeugeot 309 GTI 16v-- Arturo Rial Juan Carlos AriasCitroën AX Sport-- Miguel Dopico Álvaro LouroFord Escort RS Cosworth-- José María Magdaleno Julio GarrigaRenault Clio 16v-- Carlos Táboas Luis FernándezHyundai Pony-- Roberto Blach Juan GómezPeugeot 309 GTI 16v- Notas

Categoría:Rally Ría de Noia Categoría:Tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally