A acelgaNome vulgar en galego en Dicionario da Real Academia Galega A Coruña, RAG, 2012 (Beta vulgaris var. cicla) é unha planta herbácea bianual cultivada como anual, de follas grandes e zumarentas co nervio central moi desenvolvido. Pódese consumir toda a planta de se colleitar cando as follas son pequenas, se estas xa son grandiñas as pencas amargan.

É unha das verduras máis apreciadas xa que achega vitaminas, ácido fólico e sales minerais cun alto contido en auga (48%). As follas exteriores, que adoitan ser máis verdes, son as que conteñen maior cantidade de vitaminas e carotenos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Beta (xénero) Beterraba (especie) Beterraba azucreira Espinaca

Categoría:Hortalizas Categoría:Beta Categoría:Flora da conca mediterránea