O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) é unha asociación galega que busca velar polos dereitos civís da cidadanía, orixinalmente integrada pola CIG-Mocidade, os CAE e os CAF, se ben estas organizacións xa non participan.
Constituíuse no ano 2002 en Santiago de Compostela co obxectivo de chamar a atención sobre as perdas e violacións de dereitos de todo tipo, ademais de incitar a denunciar estes feitos para combater a impunidade, especialmente das administracións.
Entre outras actividades, con carácter anual, desde 2003 (no ano 2002 non se imprimiu) edita un boletín analizando a situación dos dereitos civís en Galiza.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Movemento polos Dereitos Civís.
Categoría:Asociacións cívicas Categoría:Asociacións de Galicia