Lourdes Domínguez Lino, nada en Pontevedra o 31 de marzo de 1981, é unha tenista galega.
Traxectoria Comezou a xogar sendo unha nena, e aos 14 anos foi prepararse ao Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat, en Barcelona, onde segue vivindo. O seu adestrador é Karin Perona.
Foi a primeira galega en gañar un torneo da WTA e a primeira galega en clasificarse entre as cen mellores xogadores de tenis do mundo e, despois entre as cincuenta. Tamén foi a primeira galega en lograr o pase á 3ª rolda dun Grand Slam, algo que conseguiu en dúas ocasións en Roland Garros: 2005 e 2009.
Deu positivo por cocaína no torneo de Acapulco de 2002, polo que se lle aplicou unha suspensión de tres meses.
Palmarés Gañadora no aberto de Bogotá en febreiro de 2006 e finalista nese mesmo torneo en 2005, chegou a ocupar a posición 41ª da clasificación da WTA en maio de 2006. Nesa mesma tempada participou en tres dos catro torneos do Grand Slam, o Aberto de Australia, Roland Garros e Wimbledon e nos tres quedou eliminada en primeira rolda. Volveu gañar o torneo de Bogotá no 2011. En 2015 gañou o torneo ITF de Curitiba"Vitoria tres anos despois" , artigo en Galicia Confidencial, 10 de marzo de 2015..
En dobres gañou seis títulos, en 2007 en Bogotá, no 2007 en Acapulco, no 2008 en Barcelona, no 2011 en Bastad, no 2013 en Acapulco e tamén no 2013 en Katowice.
WTA TorneoPosiciónFinal contraResultadoDataBogotá (Colombia)2ªFlavia Pennetta (Italia)7-6 e 6-421 de febreiro de 2005Bogotá (Colombia)1ªFlavia Pennetta (Italia)7-6 e 6-427 de febreiro de 2006Budapest (Hungría)2ªAnna Smashnova (Israel)6-1 e 6-330 de xullo de 2006Bogotá (Colombia)1ªMathilde Johansson (Francia)2–6, 6–3, 6–220 de febreiro de 2011Curitiba (Brasil)1ªDana Kovinic (Montenegro)4-6, 6-2 e 6-38 de marzo de 2015
WTA (dobres) TorneoCompañeiraPosiciónFinal contraResultadoDataRabat (Marrocos)Nuria Llagostera (ESP)2ªLoit e Strycova (FRA-CHE)3-6 7-6 e 7-57 de maio de 2005Budapest (Hungría)Marta Marrero (ESP)2ªLoit e Srebotnik (FRA-SLO)6-1 3-6 e 6-22005Bogotá (Colombia)Paola Suárez (ARG)1ªRoberta Vinci e Flavia Pennetta (ITA)1–6, 6–3, [11–9]22 de febreiro de 2007Acapulco (México)Arantxa Parra Santonja (ESP)1ªNicole Pratt e Émilie Loit (AUS-FRA)6–3, 6–33 de marzo de 2007Barcelona (España)Arantxa Parra Santonja (ESP)1ªMaría José Martínez Sánchez e Nuria Llagostera Vives (ESP)4–6, 7–5, [10–4]14 de xuño de 2008Bastad (Suecia)María José Martínez Sánchez (ESP)1ªArantxa Parra Santonja e Nuria Llagostera Vives (ESP)6–3, 6–39 de xullo de 2011Acapulco (México)Arantxa Parra Santonja (ESP)1ªCatalina Castaño e Mariana Duque Mariño (COL)6–4, 7–6(7–1)2 de marzo de 2013Katowice (Polonia)Lara Arruabarrena (ESP)1ªRaluca Olaru e Valeria Solovyeva (COL-RUS)6–4, 7–513 de abril de 2013
Grand Slam TorneoPosiciónAnoAberto de Australia1ª rolda2006Roland Garros1ª rolda2006Wimbledon1ª rolda2006
Polémicas En 2010, e xunto con outras cinco tenistas españolas María José Martínez, Anabel Medina, Arancha Parra, Carla Suárez e Nuria Llagostera, anunciou a súa renuncia a participar na Copa Federación de tenis representando a España, en protesta pola falta de apoio ao tenis feminino por parte da Federación Española de TenisEl CSD mediará en el caso de la Copa Federación , El Correo Gallego, 20/9/2010.
Outros datos Mide 1.63 e é destra.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil de Lourdes Domínguez na web da WTA
Categoría:Tenistas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1981