As aceráceas (Aceraceae) constituían unha familia de plantas que comprendía entre 120 e 150 especies de árbores e arbustos, polo xeral caducifolios con flores actinomorfas e hermafroditas ou unisexuais e froito en dobre sámara.

Na actualidade moitos taxonomistas non a consideran unha familia e inclúen as súas especies na familia das sapindáceas (Sapindaceae), familia pertencente á orde Sapindales que ten arredor de 140-150 xéneros cunhas 1400-2000 especies nativas de países cálidos. Entre outros xéneros, pertencen a ela os pradairos (xénero Acer) e os castiñeiros das bruxas (xénero Aesculus).

Características Son árbores, arbustos, rubideiras e herbas, frecuentemente guacos. Follas esparexidas. A miúdo con células secretoras. Flores hermafroditas, ou unisexuadas por aborto, zigomorfas, en xeral pentámeras, xeralmente cun disco anular excéntrico entre a corola e o androceo, con 8-10 estames; xineceo de 2-3 carpelos concrescentes, cun único óvulo cada un. Froito variábel, capsular, seco e indehiscente, esquizocarpico, en baga ou drupa.

Aceraceae Coma dixemos as aceráceas agrupaban a unhas 125 especies nativas das rexións frías do hemisferio norte, nos xéneros vexetais Acer (os pradairos) e Dipteronia; estudos xenéticos recentes levaron a reclasificar este taxon coma parte da familia Sapindaceae, polo que non se emprega actualmente.

Xéneros Acer L. os pradairos; Aesculus, os castiñeiros das bruxas, Allophylus L. Blighia Cardiospermum L. Cupania L. Cupaniopsis Radlk. Dimocarpus Lour. Dodonaea P. Mill. Exothea Macfad. Filicium Thwaites ex Benth. & Hook. f. Harpullia Roxb. Hypelate P. Br. Koelreuteria Laxm. Litchi Sonn. Lychis sinensis'', cultivado como froiteira. Matayba Aubl. Melicoccus P. Br. Nephelium L. Paullinia L. Sapindus L. Schleichera Willd. Serjania P. Mill. Talisia Aubl. Thouinia Poit. Ungnadia Endl. Urvillea Kunth

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Sapindaceae