Indian Horse é un filme canadense de 2017 dirixido por Stephen Campanelli e escrito por Dennis Foon. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2017 e estreouse nos cinemas do Canadá no 2018.
É unha adatación da novela Indian Horse, do autor ojibwa Richard Wagamese e conta a historia de Saul Indian Horse, un rapaz indíxena canadense das Primeiras Nacións que sobrevive o sistema de escolas residenciais indias para converterse nunha estrela do hóckey sobre xeo. O filme aborda a historia das escolas residencias do Canadá. Está protagonizado por Sladen Peltier no papel de Saul con 6 anos, Forrest Goodluck como Saul con 15 anos e Ajuawak Kapashesit como Saul con 22 anos, así como Edna Manitowabi, Evan Adams, Michiel Huisman, Michael Murphy e Martin Donovan nos papeis secundarios.
Personaxes Sladen Peltier como Saul Indian Horse (con 6 anos) Forrest Goodluck como Saul Indian Horse (con 15 anos) Ajuawak Kapashesit como Saul Indian Horse (con 22 anos) Martin Donovan como Jack Lanahan Edna Manitowabi como Naomi Michael Lawenchuk como Fred Kelly Will Strongheart como Virgil Tristen Marty-Pahtaykan como Buddy Blackwolf Vance Banzo como Ernie Jack Michael Murphy como Padre Quinney Michiel Huisman como Padre Gaston
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua ojibwa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes das Primeiras Nacións Categoría:Filmes sobre hóckey sobre xeo