O Rally de Ourense de 1994 foi a 27ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse entre o 24 e o 26 de xuño e o vencedor foi por segundo ano consecutivo o piloto catalán Mia Bardolet.
Itinerario Constou de 168 quilómetros cronometrados, divididos en dúas seccións e 16 treitos (8 percorridos distintos a dúas pasadas cada un). Tanto a saída como a chegada situáronse no Parque de San Lázaro.
Resumo Comezou liderando a carreira José María Bardolet, pero pouco despois colocouse primeiro Oriol Gómez. Con todo, Gómez viuse obrigado a abandonar a falta de 8 treitos, polo que Bardolet recuperou a primeira praza, que xa non perdeu até o final. Detrás del cruzou a meta Luís Climent, de xeito cómodo tras o abandono de Borja Moratal, e en terceira posición rematou Germán Castrillón, que remontou posicións nos últimos treitos, despois de que nos primeiros rompese a dirección e picase unha roda.
Clasificación final Pos Piloto Copiloto Automóbil Tempo 1 Josep Maria Bardolet Alex Romaní Opel Astra GSI 16v 1:54:23 2 Luís Climent José Antonio Muñoz Opel Astra GSI 16v 1:54:53 3 Germán Castrillón Estrella Castrillón Ford Escort Cosworth 1:59:30 4 Miguel Martínez-Conde Felipe AlonsoRenault Clio Williams 1:59:39 5 David Guixeras Jordi Albadalejo Peugeot 106 Rallye 1:59:42 6 Jaime Azcona Julius Billmaier Peugeot 106 Rallye 2:00:38 7 Christine Driano Salvador Belzunces Citroën AX GTI 2:00:51 8 Antonio Garrido José Alfredo ÁlvarezFord Sierra Cosworth 2:02:06 9 Javier Paz Manuel GarcíaFord Sierra Cosworth 2:02:15 10 Javier Azcona Juan Louro Ford Sierra Cosworth 2:02:56 Abandonos- Oriol Gómez Marc MartíRenault Clio Williams-- Arturo Rial Juan Carlos AriasCitroën AX Sport-- Borja Moratal Alfredo RodríguezPeugeot 306 S16-- Germán Gómez Juan BarrosFord Escort Cosworth-
Notas
Categoría:Rally de Ourense Categoría:Tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally