Eumenio Rodríguez Rodríguez, nado en Lugo o 2 de abril de 1872Escalafón de los catedráticos numerarios de Institutos de Segunda Enseñanza e finado na Coruña o 4 de agosto de 1949,La Voz de Galicia, 5-8-1949, p. 4. foi un profesor, avogado e político galego.
Traxectoria Tivo unha academia en Lugo. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza en 1897.El Regional, 21-7-1897, p. 2. Colaborou en El Regional, dirixiu La Ciudad del Cabe de Monforte de Lemos en 1902 e durante un tempo El Combate da Coruña. Aprobou as oposicións a cátedras de lingua francesa de institutos provinciais de segunda ensinanza en 1907. Foi catedrático de lingua francesa do Instituto de Ourense, do de Huesca (1908)El Noroeste, 28-1-1908, p. 1. e despois no Instituto da Coruña dende 1913, e secretario do centro coruñés en 1925.La Voz de Galicia, 8-10-1915. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1915. Colaborou en La Voz de Galicia,"Júbilo patriótico", La Voz de Galicia, 18-4-1931, p. 4. e impartiu conferencias no Casino Republicano coruñés. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi declarado excedente forzoso como profesor en agosto,El Compostelano, 13-8-1936, p. 2. e suspendido de emprego e soldo en novembro.Diario de Pontevedra, 10-11-1936, p. 1. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 22-10-1941, p. 3852.
Vida persoal
Casou na Coruña con Josefa Zapata Fernández en 1907,La Voz de Galicia, 3-5-1907, p. 3. e foi pai de Antonio, María de la Asunción, Aurora e Margarita Rodríguez Zapata.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas “La depuración del profesorado de los Institutos de Segunda Enseñanza. Relación de los expedientes resueltos por el Ministerio de Educación Nacional (1937-1943)”
Categoría:Avogados de Lugo Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes