Gravity Gradient Test Satellite 1, tamén coñecido polo seu acrónimo GGTS 1, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos de América lanzado o 16 de xuño de 1966 mediante un foguete Titan IIIC desde Cabo Cañaveral.

Características GGTS 1 foi un satélite experimental lanzado á órbita xeoestacionaria para estudar a estabilización de satélites mediante gradente gravitatorio. Usaba o mesmo bus que os satélites IDCSP, pero alimentado con baterías e non con células solares. O sistema elixido para a estabilización, denominado MACS (Magnetically Anchored Gravity Systems) consistían en dous subsistemas idénticos composto cada un por unha vara extensible e un amortecedor viscoso esférico magneticamente ancorado. Cando o satélite estendía as dúas varas tiña unha lonxitude de 15,8 m, cos amortecedores, de 5 kg cada un, situados nos extremos, o que lle daba un aspecto de haltere. A masa total do sistema de estabilización era de 12 kg. Os resultados de GGTS 1 foron inconcluintes ao estar un dos amortecedores contaminado magneticamente.

GGTS 1 debería ter sido sucedido por un satélite xemelgo, GGTS 2, pero perdeuse debido ao fallo do foguete lanzador.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Titan IIIC

Categoría:Satélites artificiais