Edward George "Ed" Gibson, nado en Buffalo (Nova York) o 8 de novembro de 1936, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión Skylab 4.
Traxectoria Gibson graduouse en enxeñería pola Universidade de Rochester en 1959 e é máster na mesma materia polo Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech) en 1960. Tamén ten un doutoramento en enxeñería e física polo Caltech en 1964.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1965. Participou na misión Skylab 4, pasando un total de 84,05 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Skylab 4
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Nova York