O rial iemení (en árabe: ريال يمني –Riyāl Yamanī–; código: YER) é a unidade monetaria da República do Iemen, teoricamente dividida en 100 fils, aínda que a moeda divisionaria non ten especia física desde a unificación do país, en 1990."Rial". En Digalego. Dicionario de galego."Rial". En Alfaro Asins (2009). Páxina 157."Yemen Rial - YER". CurrencyConverter.co.uk

Historia Nos séculos XVIII e XIX, o termo rial (ou riyal) asociábase tradicionalmente ao tálero de María Tareixa, moeda de uso internacional que tiña ampla circulación no Iemen por mor do comercio do café cos franceses.Ghalib bin Awadh al-Qu'aiti. (2010). The Maria Theresa Thaler in Hadhramaut: Some Reflections. The British-Yemeni Society. miniatura|141x141px|Moeda de 25 fils de 1979 do Iemen do Norte

Á medida que o Iemen se desenvolvía economicamente comezou a implantar a súa propia moeda local. Logo da unión de 1990 entre o Norte (a República Árabe do Iemen) e o Sur (a República Democrática Popular do Iemen), as moedas de ambos os territorios, o rial e o dinar, respectivamente, seguiron a ter curso legal durante un período de transición, cunha taxa de cambio de 26 riais por cada dinar.

O 11 de xuño de 1996, as moedas do sistema do dinar foron retiradas da circulación, tres anos despois de que se emitiran as primeiras moedas oficiais da República do Iemen, xa unida.

O valor do rial iemení caeu drasticamente con respecto ao dólar estadounidense na súa primeira década, desde os 20 riais por dólar a ata os 215, e desde entón mantívose estable durante anos.

Moedas Cando o Iemen se unificou, no territorio do Norte circulaban xa moedas con denominacións de 1, 5, 10, 25 e 50 fils, e de 1 rial.Moedas en riais e fils do Iemen do Norte: "1 fils", "5 fils", "10 fils", "25 fils", "50 fils" e "1 rial". Numista.

As moedas con valores faciais en fils desapareceron de camiño da circulación e, en 1993, o Banco Central do Iemen actualizou as moedas dun rial e introduciu as de 5 riais.

A serie completouse coa cuñaxe da peza de 10 riais en 1995 e coa de 20 riais en 2004, esta última inicialmente bimetálica, aínda que en 2006 pasou a cuñarse en aceiro, do mesmo xeito que o resto da serie.

ImaxeValor facialAnoAliaxeDiámetro (mm)Peso (g)CantoAnversoReverso148x148px1 rial "1 Rial". Numista.1414 (1993)Aceiro19,952,65EstriadoEscudo do Iemenريال ١ - البنك المركزي اليمني Ano de cuñaxe.176x176px5 riais "5 Rials". Numista.1414 (1993)

a

1425

(2004)Aceiro22,904,50EstriadoEdificio : Banco Central do Iemen.ريال ٥ - البنك المركزي اليمني Ano de cuñaxe.100x100px 100x100px10 riais "10 Rials". Numista.1416 (1995) a

1430

(2009)Aceiro26,006,05EstriadoPonte de Shaharah.ريال ١٠ - البنك المركزي اليمني Ano de cuñaxe.125x125px125x125px20 riais "20 rials 1425 (2004)". Numista."20 rials 1427 (2006)". Numista.1425 (2004)Bimetálica. Aro: aceiro.

Centro: aceiro e baño de latón29,857,10EstriadoDragoريال ٢٠ - البنك المركزي اليمني CENTRAL BANK OF YEMEN

Ano de cuñaxe.110x110px 110x110px1427 (2006)Aceiro30,006,62EstriadoDragoريال ٢٠ - البنك المركزي اليمني CENTRAL BANK OF YEMEN

Ano de cuñaxe.

Billetes No momento da unificación do país, os billetes en riais en circulación procedentes do territorio do norte tiñan os valores de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 riais.

En 1993, o Banco Central do Iemen acordou substituír os billetes de 1 e de 5 riais por moedas, e o mesmo ocorreu co billete de 10 riais en 1995. En 1996 introduciuse o valor nominal de 200 riais, seguido polo de 500 riais en 1997 e polo de 1.000 riais en 1998. O antigo billete de 20 riais foi substituído por unha moeda de valor equivalente en 2004. Ademais, o 14 de novembro de 2009 engadiuse á serie de papel moeda un novo billete de 250 riais."Yemen new 250-rial note confirmed". BanknoteNews.com. 14 de decembro de 2009.

En 2017, o Banco Central do Iemen, que estreaba sede provisional en Adén, por mor da guerra civil, puxo en circulación unha nova tiraxe dos billetes de 500 de 1.000 riais cunhas medidas de seguridade actualizadas."Yemen new 500-rial note confirmed". BanknoteNews.com. 30 de novembro de 2017."Yemen new 1,000-rial note confirmed". BanknoteNews.com. 3 de abril de 2018. En 2018 reintroduciu ademais o valor de 200 riais e renovou o billete de 100 riais."Yemen new 200-rial note confirmed". BanknoteNews.com. 9 de novembro de 2018."Yemen new 100-rial note reported". BanknoteNews.com. 19 de agosto de 2018. ImaxeValor nominalCorDimensións (mm)DescriciónDataAnversoReversoAnversoReverso 50 riais "Billete de 50 riais". Realbanknotes.comVerde oliva158 x 75Estatua de Ma'adkaribCidade: Shibam1993 100 riais "Billete de 100 riais". Realbanknotes.comPúrpura150 x 75Sumidoiros antigos en AdénCidade: Saná1993150x150px150x150px100 riais "Billete de 100 riais (2019)". Realbanknotes.comVermello Voioleta151 x 69Árbore: sangue de dragón, SocotraSocalcos agrícolas2019 150x150px200 riais "Billete de 200 riais". Realbanknotes.comVerde156 x 75Escultura de alabastroCidade: Mukalla1996 200 riais "Billete de 200 riais (2018)". Realbanknotes.comAmarelo150 x 69Fortaleza de ZbeidPaisaxe de al-Mahrah2018 250 riais "Billete de 250 riais". Realbanknotes.comLaranxa Azul155 x 75Mesquita Al-Saleh, SanáCidade: Mukalla2009 500 riais "Billete de 500 riais". Realbanknotes.comAzul155 x 80Palacio de rocha en Dar al-HajrMesquita Al-Muhtar, Tarim2007 500 riais "Billete de 500 riais 2017". Realbanknotes.comAzul155 x 69Mesquita Al-Muhtar, TarimPalacio de rocha en Dar al-Hajr2017 1.000 riais ""Billete de 1.000 riais". Realbanknotes.comVerde Amarelo156 x 83Palacio Seiyun, HadhramautPorta do Iemen, Saná2009 2012

2017

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Krause, C. L. (2008). Standard Catalog of World Coins: (1901–2008). Krause Publications. ISBN 978-0-89689-713-7 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9 Pick, A. (1990). Standard Catalog of World Paper Money: Specialized Issues (6th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-149-8 Outros artigos Economía do Iemen Ligazóns externas Catálogo de moedas do Iemen Catálogo de billetes do Iemen

Categoría:Moedas do Iemen Categoría:ISO 4217