miniatura|Camões e as Tágides (1894). Obra do pintor Columbano Bordalo Pinheiro. Museo Nacional Grão Vasco, Viseu, Portugal

As tágides son as ninfas do río Texo (en latín, Tagus) a quen Camões pide inspiración para compor a súa obra Os Lusíadas.Camões 2000, pp. 31-32 (Nota 4.1)Baretti 1853, p. 76

Historia Son unha adaptación das nereidas da mitoloxía greco-romana, as ninfas que viven nos mares e nos ríos (e na obra, estas eran as musas que inspiraban ao autor para relatar os feitos grandiosos "nunca antes vistos", ou sexa, os feitos dos "fillos dos lusitanos" (referíndose así aos feitos dos portugueses). Estas habitan no río Texo que desauga en Lisboa, Portugal.

A palabra foi creada por André de Resende, nunha anotación ao seu poema Vicentius (1545), e o poema sobre a morte de Beatriz de Savoia, no que André de Resende teria usado por primeira vez o vocábulo Tágides, perdeuse.

No seu poema épico Os Lusíadas, Camões rógalles que, como musas, o inspiren e que o axuden a cantar (Dai-me uma fúria grande e sonorosa... de tuba canora) os feitos do pobo portugués. Podemos observalo no Canto I, nas estrofas 4 e 5.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Ninfa Serea Nereida Os Lusíadas

Categoría:Obras de poesía en portugués Categoría:Mitoloxía