Fred Wallace Haise Jr., nado en Biloxi (Mississippi), o 14 de novembro de 1933, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión Apollo 13.

Traxectoria Haise graduouse en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Oklahoma en 1959 e ten un doutoramento honorario pola Universidade do Oeste de Míchigan. Foi un dos 19 astronautas seleccionados pola NASA en abril de 1966. Foi piloto de apoio do módulo lunar para as misións Apollo 8 e Apollo 11. Foi módulo do piloto lunar durante a misión Apollo 13, que tivo que ser abortada a medio camiño da Lúa pola explosión dun dos seus tanques de osíxeno. Pasou un total de 5,95 días no espazo.

Haise deixou a NASA en xuño de 1979 para ser vicepresidente de programas espaciais na empresa Grumman Aerospace.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Apollo 13

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Mississippi