Le Déclin de l'empire américain é un filme canadense de 1986 dirixido por Denys Arcand e protagonizado por Rémy Girard, Pierre Curzi e Dorothée Berryman. O filme conta a historia dun grupo de amigos intelectuais do departamento de historia da Universidade de Montreal que comezan un longo diálogo sobre os seus asuntos sexuais, tocando temas como o adulterio, a homosexualidade, sexo de grupo, BDSM e prostitución.
O filme foi un éxito de recadación no Canadá e internacionalmente e recibiu valoracións postivas por parte da crítica. Gañou o Premio FIPRESCI no Festival Internacional de Cinema de Cannes, nove premios Genie, incluíndo mellor filme, e foi o primeiro filme canadense en ser nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, na 59ª edición dos premios. Foi seguido por dúas secuelas, Les Invasions barbares en 2003 e L'Âge des ténèbres en 2007.
Sinopse Nunha entrevista para CBC Radio, o profesor de historia da Universidade de Montreal Dominique St. Arnaud fala a Diane do seu novo libro, en que afirma que a fixación da sociedade moderna na autoindulxencia é indicativa do seu declive, predicindo un colapso no "Imperio Americano", do que Quebec é periférico. Varios das amizades de Dominique e Diane, a maioría profesores de historia intelectuais na universidade, prepáranse para unha cea ese mesmo día, cos homes traballando na cociña mentres as mulleres adestran no ximnasio.
Personaxes Rémy Girard como Rémy Dominique Michel como Dominique Dorothée Berryman como Louise Louise Portal como Diane Pierre Curzi como Pierre Yves Jacques como Claude Geneviève Rioux como Danielle Daniel Brière como Alain Gabriel Arcand como Mario Ariane Frédérique como Nathalie
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 59ª edición dos Óscar Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Denys Arcand Categoría:Filmes rodados no Quebec Categoría:Filmes ambientados no Quebec Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes ambientados en Montreal