Daniel Alexander Kessler, nado en Londres o 25 de setembro de 1974, é un guitarrista e cantante inglés. Toca na banda neoiorquina de rock alternativo Interpol.
Traxectoria Kessler naceu en Londres en 1974. A principios da década de 1980 a familia mudouse a París por mor do traballo do pai, e catro anos despois, cando tiña 10 anos de idade, os pais divorciáronse e Daniel mudouse a Washington, D.C. coa súa nai e o seu irmán Mark de 13 anos. O seu irmán maior, Ted, regresou a Londres e traballou dentro da industria musical.
Interpol Foi o seu desexo de tocar nunha banda o que o levou a achegarse a Carlos Dengler, con quen asistía a unha clase de historia na Universidade de Nova York (NYU). Kessler coñecía ao cantante Paul Banks dun programa de verán en París, e pediulle que se unise á banda cando o atopou en Nova York. O compañeiro de cuarto de Kessler, Greg Drudy, foi o primeiro batería de Interpol. Cando Drudy deixou a banda, Kessler pediulle ao seu amigo Sam Fogarino que o substituíse.
En 1998 matriculouse na Escola de Estudo Individualizado Gallatin da NYU e graduouse en francés, cine e literatura.
Tras unha serie de lanzamentos autoeditados, Interpol acabou fichando en 2002 por Matador Records conseguindo un grande éxito cos seus dous primeiros álbums, Turn On the Bright Lights e Antics. O son da banda comparouse co de bandas post-punk de finais dos 70 e principios dos 80 e os discos foron un éxito comercial e de crítica.Raftery, Brian. "Night Falls on Manhattan". Spin. Abril de 2005
Con Interpol Kessler leva publicados seis álbums de estudio, o último deles The Other Side of Make-Believe, lanzado en 2022.
Big Noble En 2014 Kessler anunciou un novo proxecto paralelo co deseñador de son Joseph Fraioli de Datach'i chamado Big Noble. O seu álbum de estrea, First Light, publicouse o 2 de febreiro de 2015, e en 2025 a banda lanzou o seu segundo traballo, It's Later Than You Think.
Notas
Categoría:Guitarristas de Inglaterra Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Londres Categoría:Interpol (grupo musical)