Xosé Antón Avilés Vinagre, coñecido como Avilés de Taramancos, nado en Boa (Noia) o 6 de abril de 1935 e finado na Coruña o 23 de marzo de 1992. Foi un escritor galego e membro destacado da chamada Xeración das Festas Minervais.

Para Ramiro Fonte a súa obra é considerada como "unha das mellores poéticas que podían suceder nunha Galicia necesitada de esperanza dos seus mellores homes" e para Miguel Anxo Fernán-Vello, a súa poesía é "Un dos estádios máis brillantes da história literária contemporánea" . En 2003 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. É pai do cineasta Luis Avilés Baquero.

Traxectoria

Infancia e xuventude Fillo de Manuela Vinagre Fuentes, labrega, e de Severiano Avilés Outes, zapateiro de profesión e máis tarde mariñeiro. Ali naceron tamén os seus irmáns Guillermo (1940); José Manuel (1942) e Alfonso (1945). A primeira filla do matrimonio, Josefa, morrera con pouco máis de dous anos, en setembro de 1935. Dúas nenas máis e tres nenos naceron mortos. Na casa natal convive ademais coa avoa materna, Josefa Fuentes Queiro, Pepa da Pastora, quen influirá decisivamente na formación da personalidade do poeta.

Fixo o bacharelato en Noia, e aos 15 anos de idade publica o seu primeiro poema, en lingua galega, na revista local Tapal editada por Manuel Fabeiro.

Na Coruña Chegou á Coruña para facer estudos de náutica, alí foi decisiva a súa amizade con Urbano Lugrís González, Xohán Casal e Reimundo Patiño que influíron na súa concepción de Galicia e na súa ideoloxía. Desa época, Antón declararía o seguinte:

Especialmente salientable foi a amizade que mantivo con Urbano Lugrís González, ó que o autor lle dedicaría varios poemas e incluso un panexírico trala morte do poeta coruñés:

Neste tempo colaborou en revistas literarias como Aturuxo de Ferrol ou Quatro Ventos de Braga. Na revista Atlántida da Coruña publicou os seis poemas que constitúen As moradías do vento, e en 1959 publicou o seu primeiro libro, A frauta i o garamelo e o poemario que enviou ao concurso literario organizado polo Grupo Brais Pinto, Pequeno canto para un peito xoven, que quedou inédito ata 1982. Participou na estrea da obra teatral de Álvaro Cunqueiro, O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca.

Na emigración En 1961 emigrou a Colombia, alí permaneceu ata 1980, primeiro na Selva Amazónica e máis adiante na embaixada brasileira en Bogotá. Alí coñeceu a que se converteu na súa muller en 1970 e mais a Manuel José Arce y Valladares, embaixador de Guatemala, de orixe galega. Unha vez finalizado o contrato coa embaixada iniciou unha serie de traballos sen moito éxito ata que conseguiu un traballo como distribuidor de libros en Cali. A vida do poeta non sería fácil, así lle terá manifestado ó seu amigo Salvador García-Bodaño nunha carta datada do 28 de xaneiro de 1970, que:

Volta a Galicia O 15 de agosto de 1980 regresou a Noia, rexentou unha taberna, a Tasca Típica, na que organizou recitais poéticos e dende a que organizou a Sociedade Cultural Catavento. Dous anos despois de regresar a Galicia, Avilés deu a coñecer O tempo no espello (1982), onde incluíu, ademais dos dous primeiros libros, os titulados Poemas a Fina Barrios (1959), Poemas soltos a Maricarme Pereira (1961) e Poemas da ausencia (1961-1981). Pouco despois viron a luz Cantos caucanos (1985), produto das lembranzas colombianas do poeta, que lle valeu o Premio da Crítica española e chegar a finalista do Premio Nacional . Desta época son estas palabras do seu artigo “Ser escritor”, datado no ano 1989,onde Avilés fala da misión de todo creador:

Presidiu a Asociación de Escritores en Lingua Galega (1986), entidade pola que foi nomeado socio de honra en 1995.

Actividade política Foi elixido concelleiro en Noia polo Bloque Nacionalista Galego, polo que ocupou o posto de concelleiro de cultura (1987–1991). Dentro da área municipal, desenvolveu unha intensa actividade como concelleiro de cultura, dotando á vila de Noia de centros tan notables como a Escola-Obradoiro de Noia, a Casa da Cultura (hoxe co seu nome), o Instituto de Formación Profesional e como propulsor de importantes actuacións culturais: Asociación Cultural Catavento, Xornadas de Teatro na Escola, Homenaxe a María Mariño, Xustas Poéticas do Barbanza, Normalización Lingüística do concello noiés, revista Barbanza, Mostra Artesanal de Noia (ARTESANOIA)

Falecemento O 27 de outubro de 1991 asinou Antón Avilés de Taramancos o seu testamento hológrafo:

Morrería pouco despois por mor dun cancro de ganglios linfáticos no Hospital Juan Canalejo da Coruña á idade de 56 anos, os seus restos mortais descansan no cemiterio parroquial de Boa.

Obras miniatura|A Nao do Ar, obra de Alfonso Costa, en Noia. Poesía As moradías do vento (1955, separata de Atlántida). A frauta i o garamelo (1959, Moret. Reeditada no 2000 en Libros da Frouma). O tempo no espello (1982, Ediciós do Castro). Cantos caucanos (1985, Sotelo Blanco. Edición bilingüe galego-castelán en Espiral Maior). As torres no ar (1989, Sotelo Blanco). Última fuxida a Harar (1992, Espiral Maior, póstuma). Obra poética completa (2003, Espiral Maior).

Narrativa Nova Crónica das Indias (1989, Ir Indo. Reeditada en 2003 por Xerais).

Ensaio miniatura|Placa. Obra viva (1992, Edicións Laiovento). Traducida ao castelán en 2005.

Teatro Tres capitáns de tempos idos (2003, Xerais).

Obras colectivas e antoloxías VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado). Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro). Obra poética. Antoloxía (1997, AS-PG e A Nosa Terra), por Xosé María Álvarez Cáccamo. Antoloxía (2003, Galaxia), por Ana Romaní. Antoloxía consultada da poesía galega 1976–2000 (2003, Tris Tram), por Arturo Casas. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior). Poemas pola memoria (1936–2006) (2006, Xunta de Galicia). Tamén navegar (2011, Editorial Toxosoutos).

Traducións O cemiterio mariño, de Paul Valéry (1994, Espiral Maior).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Luis Avilés Baquero, fillo de Antón. Literatura galega do século XX Ligazóns externas

"Avilés de Taramancos" Figuras homenaxeadas. Real Academia Galega. "Antón Avilés de Taramancos" na Biblioteca Virtual Galega. Universidade da Coruña. "Avilés de Taramancos" Asociación Socio-Pedagóxica Galega.