África () é o segundo continente en poboación e extensión, despois de Asia. A súa área é de 30.249.096 km²,África na "Enciclopedia Galega Universal" incluíndo as illas adxacentes, o que representa o 20% da superficie da Terra.Sayre, April Pulley (1999), Africa, Twenty-First Century Books. . Con 1 200 millóns de persoas no ano 2016, representa o 16% da poboación mundial. Limita ao norte co mar Mediterráneo, ao oeste co océano Atlántico, ao sur coa conxunción dos océanos Atlántico e Índico e ao leste co mar Vermello e o océano Índico. O continente inclúe a illa de Madagascar e varios arquipélagos. Ten 54 estados soberanos plenamente recoñecidos, nove territorios e dous estados independentes de facto non recoñecidos ou con recoñecemento limitado. A maioría do continente e dos seus países atópanse no hemisferio norte, mais cunha parte substancial no hemisferio sur.
A poboación media de África é a máis nova de entre tódolos continentes; cunha media de idade no 2012 de 19,7 anos, mentres que no resto do mundo a media era de 30,4. Alxeria é o país africano máis grande en superficie, e Nixeria o que conta coa maior poboación. África, particularmente a zona central leste, está considerada a orixe da humanidade e da árbore Hominidae (homínidos) segundo unha das hipóteses científicas da evolución humana (a da "arca de Noé"), pola descuberta alí dos restos máis antigos dos antecesores humanos, datados darredor duns sete millóns de anos, como poden ser Sahelanthropus tchadensis, Australopithecus africanus, A. afarensis, Homo erectus, H. habilis ou H. ergaster; e o Homo sapiens atopado en Etiopía duns 200.000 anos. África é atravesada polo ecuador e ten numerosas áreas climáticas, sendo o único continente en ter climas temperados nas súas zonas norte e ur.
África alberga unha gran diversidade étnica, cultural e lingüística. A finais do século XIX, os países europeos colonizaron case toda África; a maioría dos actuais estados de África xurdiron dun proceso de descolonización durante o século XX. As nacións africanas cooperan a través da Unión Africana, cuxa sede está en Adís Abeba.
A Organización para a Unidade Africana (OUA) (convertida en 2002 na actual Unión Africana (UA)) naceu o 25 de maio de 1963. Deste xeito, cada 25 de maio celébrase o Día de África, co obxectivo de promover a unidade e solidariedade entre os países africanos e acadar a cooperación internacional."Este viernes se celebrará el Día de la Liberación de África", en La Voz de Galicia, supl. La Voz de la Escuela, 23.05.2007.
Etimoloxía miniatura|dereita|Estatua representando a África no Palazzo Ferreria, na Valeta, Malta. Afri foi o nome en latín empregado para referirse ós habitantes do norte de África e oeste do río Nilo, e no seu senso máis amplo referíase a tódalas terras ó sur do mar Mediterráneo (Antiga Libia). É posible que o nome teña a súa orixe nunha antiga tribo libia, devanceiros dos modernos bérberes. O nome tamén foi conectado a miúdo co termo fenicio ʿafar que quere dicir "po",Venter & Neuland, NEPAD and the African Renaissance (2005), p. 16 mais unha hipótese de 1981Names of countries , Decret and Fantar, 1981 afirmou que provén do termo bérber ifri (plural ifran) que quere dicir "cova", en referencia ós habitantes das covas.Geo. Babington Michell, "The Berbers", Journal of the Royal African Society, Vol. 2, No. 6 (xaneiro de 1903), pp. 161–94. A mesma palabra pode atoparse no nome dos Banu Ifran de Alxeria e Tripolitania, unha tribo bérber orixinaria de Yafran (tamén coñecida como Ifrane) no noroeste de Libia.Edward Lipinski, Itineraria Phoenicia, Peeters Publishers, 2004, p. 200.
Baixo o romano, Cartago converteuse na capital da provincia daquela chamada Africa Proconsularis, despois da derrota dos cartaxineses na terceira guerra púnica en -146, que tamén incluía a parte costeira da moderna Libia. O sufixo latino -ica pode ser usado para denotar unha terra (como por exemplo, en Celtica de Celtae, usado por Xulio César). A posterior rexión musulmá de Ifriqiya, despois da conquista do Exarchatus Africae polo Imperio Bizantino, tamén preservou a forma no seu nome.
De acordo cos romanos, África limita ó oeste de Exipto, mentres que "Asia" era usado para referirse a Anatolia e as terras do leste. Unha liña definitoria foi trazada entre os dous continente polo xeógrafo Tolomeo (85–165), indicando Alexandría no primeiro meridiano e convertendo o istmo de Suez e o mar Vermello como a fronteira entre Asia e África. Conforme os europeos ían entendendo a extensión real do continente, a idea de "África" expandiuse tamén.
Outras hipóteses etimolóxicas sobre a orixe antiga do nome de "África" son: O historiador xudeu do século I Flavio Xosefo (Ant. 1.15) asegurou que o nome procede de Efer, neto de Abraham segundo a Xénese 25:4, cuxos descendentes invadiron Libia. Isidoro de Seville, na súa Etymologiae XIV.5.2. do século VII suxire que "África provén do latín aprica, que significa "solleiro". Massey, en 1881, declarou que África deriva do exipcio af-rui-ka, que significa "xirar cara a abertura de Ka." O Ka é o dobre enerxético de cada persoa e a "apertura de Ka" refírese a unha matriz ou lugar de nacemento. África sería, para os exipcios, "o lugar de nacemento". Michèle Fruyt en 1976 propuxoen Revue de Philologie 50, 1976: pp. 221–38. un vínculo coa palabra latina africus "vento sur", que podería ter orixe umbra e referirse ó "vento chuvioso". Robert R. Stieglitz da Universidade Rutgers en 1984 propuxo: "O nome África, derivou do latín *Aphir-ic-a, un conato do hebreo Ofir.""Long-Distance Seafaring in the Ancient Near East." Robert R. Stieglitz. The Biblical Archaeologist, Vol. 47, No. 3 (setembro de 1984) Ibn Khallikan e outros historiadores dixeron que o nome de África provén do rei himyarita chamado Afrikin ibn Kais ibn Saifi tamén chamado "Afrikus fillo de Abrahah", quen someteu Ifriqiya.
Xeoloxía e xeografía
miniatura|Imaxe satélite de África. O deserto do Sáhara no norte pode verse con claridade. miniatura|esquerda|Unha imaxe satélite de África (centro) con América do Norte (esquerda) e Eurasia (dereita), a escala. Separado de Europa polo mar Mediterráneo, e unida á Asia polo Istmo de Suez (atravesado polo canal de Suez), con 163 k de ancho.Drysdale, Alasdair and Gerald H. Blake. (1985) The Middle East and North Africa, Oxford University Press US. Ten o mar Vermello ó nordeste, o océano Índico ó leste e sur, e o océano Atlántico ó oeste e sur. Xeopoliticamente, a península do Sinaí de Exipto que se atopa ó leste do canal de Suez, é a miúdo considerada unha parte de África.
A liña costeira ten 26.000 km de lonxitude, e a ausencia de grandes accidentes xeográficos costeiros evidénciase polo feito de que Europa, que ten unha superficie de 10.400.000 km², ou un terzo da superficie de África, ten unha costa de 32.000 km. Dende o punto máis setentrional, Ras ben Sakka en Tunisia (37°21' N), até o máis meridional, Cabo Agullas en Suráfrica (34°51'15" S), hai unha distancia de arredor de 8.000 km.Lewin, Evans. (1924) Africa, Clarendon press O punto máis occidental é Cabo Verde 17°33'22" W, mentres que o máis oriental é Ras Hafun (Somalia) 51°27'52" E, habendo entre eles unha distancia de 7400 km.(1998) Merriam-Webster's Geographical Dictionary (Index), Merriam-Webster, pp. 10–11.
O meirande país de África é Alxeria, e o máis pequeno é as Seychelles, un arquipélago da costa leste.Hoare, Ben. (2002) The Kingfisher A–Z Encyclopedia, Kingfisher Publications. p. 11. A nación continental máis pequena é Gambia.
Placa africana miniatura|esquerda|200px|Placa africana.
A placa africana é a maior placa tectónica que atravesa o ecuador así como o primeiro meridiano. Abrangue a maioría do continente de África, así como a cortiza oceánica que se atopa entre o continente e varias cristas oceánicas circundantes. Entre hai 60 e 10 millóns de anos, a placa somalí comezou a separarse da placa africana xunto co rift de África Oriental. Debido a que o continente africano está formado pola placa africana e a placa somalí, algúns estudosos refírense á primeira como a placa nubia para distinguila do continente como un todo.
Xeoloxicamente, África inclúe a península de Arabia. Os montes Zagros de Irán e Anatolia, en Turquía, marcan onde a placa africana colide con Eurasia. A rexión afrotropical e o deserto saharo-arábigo polo norte unen o continente bioxeograficamente, e a familia lingüística afroasiática une a zona norte lingüisticamente.
Clima
miniatura|Mapa de África coas clasficacións climatolóxicas de Köppen. O clima de África varía dende o tropical ó subártico nos seus picos máis elevados. A súa metade setentrional é principalmente desértico ou árido, mentres que o central e a área meridional contén chairas de sabana e densas zonas de xungla (selva chuviosa). Entre ámbalas dúas rexións, hai zonas de transición onde dominan os patróns de vexetación de sahel e estepa. África é o continente máis quente da Terra, e o 60% da superficie está composto de terras áridas e desertos."Africa: Environmental Atlas, 06/17/08." African Studies Center , University of Pennsylvania. Consultado en xuño de 2011. O rexistro da temperatura máis alta xamais rexistrada, en Libia en 1922 (58 °C), foi desacreditado en 2013. (Os 57,8 °C), declarados en Al 'Aziziyah, Libia, o 13 de setembro de 1922, foron oficialmente invalidados pola Organización Meteorolóxica Mundial.)
Fauna
esquerda|miniatura|Sabana na zona de conservación de Ngorongoro, Tanzania. África posúe quizais a combinación máis grande do mundo de densidade e "rango de liberdade" de vida silvestre, con poboacións salvaxes de grandes carnívoros (como leóns, hienas e guepardos) e herbívoros (como búfalos, elefantes, camelos e xirafas) que vagan libremente en chairas non privadas e abertas. É fogar de gran variedade de animais da "xungla", incluíndo cobras, primates e animais acuáticos como crocodilos, hipopótamos e anfibios. Ademais, África ten o maior número de especies de megafauna, xa que foi menos afectado pola extinción de megafauna do Plistoceno.
Ecoloxía e biodiversidade miniatura|Praia tropical en Trou-aux-Biches, Mauricio. África ten 3 000 áreas protexidas, con 198 áreas mariñas protexidas, 50 reservas da biosfera e 80 reservas de zonas húmidas. A destrución do hábitat, o crecemento da poboación humana e a caza furtiva están a reducir a diversidade biolóxica de África e a terra arable. A invasión humana, os disturbios civís e a introdución de especies non autóctonas tamén ameazan a biodiversidade en África. Isto agravouse por problemas administrativos, persoal non axeitado e problemas de financiamento.
A deforestación está a afectar a África o dobre que a media mundial, segundo o Programa das Nacións Unidas para o Ambiente (UNEP).Deforestation reaches worrying level – UN . AfricaNews. 11 de xuño de 2008 De acordo co Centro de Estudos Africanos da Universidade de Pennsylvania, o 31% dos pasteiros e o 19% das selvas e terreos forestais están clasificados como degradados, e África está perdendo catro millóns de hectáreas de bosque cada ano, que é o dobre do índice de deforestación no resto do mundo. Algunhas fontes sinalan que o 90% dos bosques virxes orixinarios de África Occidental foron destruídos.Forests and deforestation in Africa – the wasting of an immense resource . afrol News Arredor do 90% dos bosques orixinarios de Madagascar foron destruídos dende a chegada do ser humano hai 2000 anos. Un 65% do solo agrícola africano sofre de degradación."Nature laid waste: The destruction of Africa", The Independent, 11 de xuño de 2008.
Economía miniatura|300px| Mapa de África indicando o índice de desenvolvemento humano (2004). África é o continente máis pobre do mundo, onde están os dous terzos de portadores do virus VIH da Terra, cheo de conflitos armados tribais, con epidemias e terroríficas miserias que causan o subdesenvolvemento dos países africanos. Poucos estados conseguiron ter relativa estabilidade, como Suráfrica.