Stéfanos-Konstantinos Theotokis (en grego Στέφανος-Κωνσταντίνος Θεοτόκης), nado en Corfú o 13 de marzo de 1872 e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1923, foi un escritor e tradutor grego. Está considerado un dos meirandes representantes da escola literaria do Heptaneso.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia aristocrática, marchou a París para estudar filoloxía, matemáticas, medicina e química, malia que non chegaou a diplomarse. Amais do seu grego materno, falaba francés, e era competente en inglés, alemán, italiano, latín e sánscrito.
Ao seu regreso a Grecia, instalouse na casa palacio da familia na localidade de Carusades, preto da cidade de Corfú, onde residu a maior parte da súa vida. Participou como voluntario na revolución de Creta (1896), na Guerra greco-turca de 1897 e na primeira guerra mundial.
Inspirado nas ideas socialistas, foi membro fundador da Agrupación Socialista grega en mais do Círculo Solidario dos Traballadores de Corfú (1910-1914) e loitou pola emancipación da muller.Nutsos, Panagiotis. «K. Θεοτόκης: η συζυγία κοινωνικού και γλωσσικού ζητήματος [K. Theotokis: la convivència del conflicte social i lingüístic]». Pórfyras, 80 (Gen.-Mar. 1997): 177-182.
Morreu de cancro en 1923, con 51 anos.
Obra Novelas Vie de montagneEscrita orixinalmente en francés. (1895) Η ζωή και ο θάνατος του Καραβέλα (1920) Οι σκλάβοι στα δεσμά τους (1922)
Novelas curtas Το Πάθος (1899) A honra e os cartosTraducido por Alfonso Blanco Quintela e publicado pola Editorial Hugin e Munin en 2020. (Η τιμή και το χρήμα) (1912) Κατάδικος (1919)
Relatos Το βιο της κυράς Κερκύρας (1898) Πίστομα (1899) Juventus Mundi (1901) Ακόμα (1904) Κασσώπη (1904) Κάιν (1905) Απελλής (1905) Τίμιος κόσμος (1905) Η ζωή του χωριού (1905) Η παντρειά της Σταλαχτής (1905) Οι δυο αγάπες (1910) Αμάρτησε (1913) Ο παπά Ιορδάνης Πασίχαρος και η ενορία του (inacabatdo) (1923)
Κορφιάτικες ιστορίες (1935)
Poesía Ανέκδοτα σονέτα του Κωνσταντίνου Θεοτόκη (1991) Τα Σονέτα (1999)
Traducións Ιστορία της ινδικής λογοτεχνίας [Historia da literatura índia] Τα γεωργικά του Βεργιλίου [As Xeórxixas de Virxilio] (1909)Ὁ Ὀθέλλος, ὁ Μαῦρος τῆς Βενετίας - τραγῳδία τοῦ Γουΐλιαμ Σαίξπηρ [Otelo, de William Shakespeare] (1915) Ἡ τρικυμία: Τραγῳδία τοῦ Γουλιέλμου Σαίξπηρ [A tempestade, de William Shakespeare] (1916) Ἑρμᾶννος καί Δωροθέα, [Hermann i Dorothea, de Johann Wolfgang von Goethe] (1920) Μάκβεθ: Τραγωδία τοῦ Γουλιέλμου Σαίξπηρ [Macbeth, de William Shakespeare] (1923) Τα προβλήματα της φιλοσοφίας, [Os problemas da filosofía, de Bertrand Russell] (1923) Ἡ κυρία Μποβαρύ, [Madame Bovary, de Gustave Flaubert] (1923-1924) Νάλας και Νταμαγιάντη, επεισόδιο του Μαχαμπχαράτα [Nala e Damayanti, episodio do Mahabharata] (1928) Ὁ Ἃμλετ : Τραγωδία σέ πέντε πράξεις [Hamlet, de William Shakespeare] (1977) Περί Φύσεως'', [De rerum natura, de Lucrecio] (1986)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Britannica.com
Categoría:Escritores de Grecia Categoría:Nados na periferia das Illas Xónicas Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1923