Xémini ou Xemelgos (♊︎) é o terceiro signo astrolóxico do zodíaco e o segundo de natureza positiva (masculina) e de calidade mutábel ou dobre.
Simboliza a conciencia concreta e está representado polos Dióscuros, Cástor e Pólux. Pertence xunto a Libra e Acuario ó elemento ar e está rexido por Mercurio. O seu signo oposto é Saxitario.
As súas datas asignadas segundo diferentes astrólogos son do 22 de maio até o 21 de xuño ou do 21 de maio até o 21 de xuño.https://www.britannica.com/place/Gemini-constellation-and-astrological-sign
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Signos astrolóxicos occidentais