Escorpión (♏︎) é o oitavo signo astrolóxico do zodíaco, o cuarto de natureza negativa e o terceiro de calidade fixa. Simboliza a destrución e o renacemento, está rexido polos planetas Marte e Plutón. Considérase que alguén é do signo Escorpión cando nace entre o 23 de outubro e o 22 de novembro.

Pertence, xunto a Pisces e Cáncer, ó elemento auga, e é un dos catro signos de natureza fixa do zodíaco xunto a Touro, León e Acuario. O seu signo oposto e complementario á vez é Touro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Signos astrolóxicos occidentais