José Luis Alonso Riego, nado na Guarda o 15 de xaneiro de 1945, é un empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria Industrial propietario de Terrazos M. Riego no Porriño. Foi parlamentario autonómico dende 1981 por Alianza Popular e o seu sucesor o Partido Popular ata 1997, así como concelleiro no Porriño dende 1979 ata 1995, onde foi tenente de alcalde. Nas municipais de 1999 foi candidato do PP á alcaldía da Guarda logrando a vitoria por maioría simple, polo que non conseguiu a alcaldía tras apoiar o BNG e Esquerda Unida ó candidato socialista Domínguez Freitas. Trala ruptura do pacto de goberno por parte de Esquerda Unida en novembro de 1999, en xullo de 2000 presentou unha moción de censura que saíu adiante co apoio dos concelleiros deste último grupo, cos cales estableceu un pacto de goberno.

Nas municipais de 2003 encabezou de novo a candidatura do PPdeG empatando nesta ocasión a 7 concelleiros co PSdeG de Domínguez Freitas, ó cal superou por tan só 18 votos. Revalidou a alcaldía co apoio dos concelleiros de Iniciativa Veciñal do Baixo Miño, formación que constituíran os edís de Esquerda Unida tras verse expulsados logo da moción de censura. Apoiou a Alberto Núñez Feijóo para suceder a Manuel Fraga como presidente do Partido Popular de Galicia.

En marzo de 2006 quedou en minoría trala ruptura do pacto de goberno cos independentesEl gobierno del PP guardés en minoría asume todas las áreas. Non concorreu á reelección nas municipais de 2007, retirándose da primeira liña política.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais na Guarda

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes da Guarda Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Guarda Categoría:Nados en 1945 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes